Anticipo

10 de Xaneiro do 2012 publicado por o traveseiro

Non estabamos mortos, nin de parranda, nin sequera arranxando o mundo, porque como xa dixo o recentemente finado mestre Isaac Díaz Pardo (ao cal tiven a sorte hai uns anos de estreitarlle a man) lembrando os seus tempos mozos coma militante comunista “queriamos arranxar o mundo, pero o mundo non era fácil de arranxar”.

En fin, que por aquí andamos de novo, e así coma nalgún medio levan tempo preparando o previsíbel falecemento de Fraga, nós tamén queremos axudar á páxina web oficial do Deportivo para que cando casque non se teñan rompe-la cabeza buscando no seu arquivo fotos do devandito para ilustrar o máis que presumíbel pésame de “Muere un deportivista de pro” (?) ou polo estilo, como xa non teñen afeitos, anticipando a mellor imaxe posíbel para o panexírico.

Bueno, pois deste xeito queda inaugurado o ano blogueiro, e se queredes poñer música ao post podedes canturrear coa melodía do clásico “Yellow submarine”“Esta noche se muere don Manuel”, a referencial nos campos de fútbol de Guantanamera con “Hai que ir morrendo, Manolo hai que ir morrendo” ou unha dos desaparecidos A Matraca Perversa que tocaban nos directos coa contundente letra de “Vamos don Manuel, vamos don Manuel, que o inferno non espera xa son horas de morrer”.

Nota: A imaxe póñoa centrada pero sáeme á esquerda, e non sei o por que. Aviso que non é cousa miña para foder a Fraga.

Arquivado en Odioteca | 6 Comentarios »

6 Comentarios

  1. zimmer103 Escribiu:

    ó temazo de Matraca Perversa temos que que unir á play-list paliativa o referencia grupo de hip-hop Chileno “Tiro de Gracia”

  2. Michijhense Escribiu:

    temazos todos, por certo: volven os máis jrandes

  3. Michijhense Escribiu:

    o anterior comentario é meu, olvideime de poñer o nome

  4. o traveseiro Escribiu:

    Xa che puxen o nome. É o que teñen as presas, os comentaristas cóntanse por centos e todos queren ser o primeiro en comentar 🙂

  5. antihéroe Escribiu:

    Don Manuel un grande de verdad. Todavía recuerdo un frase de un afectado por el Prestige que me dijo “ojalá hubiese un Prestige todos los años, el gobierno ha respondido de manera fenomenal”

  6. o traveseiro Escribiu:

    Se dixo iso non era un afectado polo Prestige, en todo caso un afectado polo uso e abuso de substancias psicotrópicas. En calquera dos casos, hostiábel ao 100%.