Isidro Silveira: como remataches, macho

22 de Febreiro do 2012 perpetrado por o traveseiro

Houbo un tempo en que o presidente do Racing de Ferrol pasábase o día poñendo a parir ao Deportivo e ao seu presidente. Ao primeiro lle desexaba un descenso a Segunda para poder xogar contra eles, que daquela estaban nesa división e mesmo dicían que o obxectivo era xoga-la UEFA algún día. E ao segundo que acaparaba todas as axudas institucionais e que ao Racing non lles quedaban nin as migallas, e que nin sequera lle cedía xogadores. Odiaba ao Depor e louvaba ao Celta, porque para algo xogou aí.

Pois en tan só catro anos a cousa mudou case que por completo. Fixo realidade o seu soño de ver ao Depor en Segunda, pero non o de desfrutar do outrora famoso derbi provincial, porque o Racing xa non estaba alí agardando polos coruñeses. Baixou a Segunda B, e de alí a Terceira, onde non está a loitar polos postos de ascenso, que era para o que estaba feito o equipo. O Racing está no posto 13º, aparentemente en zona tranquila, a dez puntos do cuarto pola cola, que é o que marca o descenso a Preferente. O malo do asunto é que como descendan da Segunda B o Coruxo e Montañeiros arrastraría con eles dous equipos máis, polo que o Racing ficaría a tan só catro puntos do descenso. Resulta cando menos curioso que devecía por xogar contra o Deportivo en liga, e rematouno facendo perante o seu filial, superado en categoría por un bizarro clube coruñés, o Montañeiros, que nin barrio ten, e quen sabe se o ano que vén comparte categoría co Galicia de Mugardos e Narón Balompé.

Con este papelón, loxicamente Isidro Silveira totalmente acojonao. Hai unha semana perdeu os nervios e puxo verdes (nunca mellor dito) aos xogadores, e onte mesmo, entrevistado na Cadena Pope, recoñeceu que ten medo ao descenso a Preferente, que se trabucou nas fichaxes de 62 (!) futbolistas, que ninguén entende de fútbol, que se cría Superman e que «cuando me descalzo en la cama pienso: habrá que echar al presidente». Curiosamente, despois di que é mentira o que din os afeccionados que é el o que fai as aliñacións, que se así fose non estarían como están. En que quedamos Isidro? Entendes ou non de fútbol?

Porén, tamén mudou o discurso sobre a figura de Lendoiro. Agora xa non é un indesexábel, é un gran presidente por moitos motivos e recoñece que mudou a súa impresión sobre Lendoiro porque cando sufriu unha grave enfermidade o presi do Deportivo chamouno e portouse coma un cabaleiro con el.

En canto ao Celta… pois confirma tamén o que todo o mundo sabía dende hai anos: «Sé que sus futbolistas se dejaron perder por 600.000 euros cuando el Racing de Ferrol descendió a Segunda B. Pensamos en meter a los jugadores en el juzgado, pero el Celta nos pidió que no lo hiciésemos, y decidimos no hacerlo».

Por certo, a foto de enriba, xa comentada neste blogue pero non publicada, dos seus seareiros máis radicais (?). Atención ao fulano coa camisola do Barcelona que nin se inmuta ante un importante gol in extremis. Uns ultras, por certo, que non piden a cabeza de Silveira pero si a de AGAPITO IGLESIAS, dono do Zárágózá. O motivo atopámolo aquí (publicado o día dos namorados!). Penosos tanto uns coma outros.

OFF TOPIC
A portada de hoxe do órgano de propaganda do Deportivo, con Valerón e Manuel Pablo na festa infantil de Entroido no Playa Club.

Valerón machiño, que Buzz Lighthyear erguía o brazo doutro xeito, coño, que así semellas máis un puto ultrasur, meu.

Chuzame! A Facebook A Twitter

Arquivado en Actualidade | 3 Grandísimas aportacións »

Alternativa galega á publicidade nas camisolas

16 de Febreiro do 2012 perpetrado por o traveseiro

Co roio este da crise xa non choca moito ver equipos profesionais sen estampas publicitarias na camisola. No lado oposto tamén hai clubes que semellan as páxinas amarelas, onde case non se distinguen as cores do equipo en camisolas e calzóns entre ducias de colantes publicitarios, pero por sorte son os menos. No primeiro dos casos, un que carece de patrocinador é o Sevilla FC. Iso non implica que de cando en vez poña movidas alternativas na camisola.

Así, cando foi o da chamada «crisis de los pepinos» puxeron un motivo circular nunha manga coa lenda de «I love pepinos». Cando o político xenófobo catalán e baterista Duran i Lleida insultou aos labregos andaluces, o Sevilla respondeu xogando no Camp Nou co lema impreso «Orgullosos de Andalucía», que serviu, tras pasar polo photoshop, como maxistral cabeceira do blogue feito por e para tarados, Pegamín, tras estas liñas.

E para remata-la triloxía, o pasado luns saltaron ao donostiarra estadio de Anoeta co «Liberté, Egalité… superioridad», para defenderse dos desapiadados (?) ataques duns bonecos franceses. Xunto co lema dos cogombros, este produce auténtica vergoña allea, pola falta case total de enxeño e inventiva. Se a iso sumamos que o inventor das fraseciñas seguramente sexa director de algo e cobre por elo, pois é para botarse a chorar. De tódolos xeitos o ideólogo da iniciativa de seguro que foi o seu presidente corrupto, Del Nido, para desvia-la atención doutros problemas que lle atinxen a el e ao clube.

Nós, os galegos, xa estamos afeitos ás aldraxes despois de tantos séculos sendo o saco das hostias de todo quisque. Exemplos hai a dar polo cú, pero por poñer algúns aí temos os versos de Luis de Góngora, uns dos máximos espoñentes do Siglo de comproOro: «Oh, montañas de Galicia, cuya por decir verdad, espesura es suciedad, cuya maleza es malicia…». E aí está Mariano José de Larra, escritor de referencia de Letizia Ortiz con «El gallego es un animal muy parecido al hombre, inventado para alivio del asno».

Máis recentes, do século pasado, son as verbas de Miguel de Unamuno: «Los gallegos son distintos en su tierra y fuera de ella. Aquí, debido acaso a condiciones climatológicas, hacen poco o no hacen nada. Una abrumadora laxitud los consume. Sin embargo, al salvar las montañas de su país, se les ve trabajar y progresar. Nacen y crecen débiles, ascienden a la cima, se les secan los huesos, y luego llenos de energía, acometen las más grandes empresas y triunfan en ellas. Son otros ya» e «Viven como las ranas, casi encharcados, respirando humedad, y cuando quieren secarse los huesos (condición para que el gallego haga carrera en el mundo) o suben a secárselos a la meseta castellana o cruzan el mar en busca de fortuna a América. En un caso suele llegar a ministro y cacique máximo, en el otro a millonario».

Para o afamado e pedante filósofo Ortega y Gasset «En Galicia, tierra pobre habitada por almas rendidas, suspicaces y sin confianza en sí mismas, el particularismo será reentrado, como erupción que no puede brotar y adoptará la fisionomía de un sordo y humillado resentimiento, de una inerte entrega a la voluntad ajena, en que se libra de protestas el cuerpo para reservar tanto más la íntima adhesión».

Hai seis anos ou por aí, o xornalista fascista español Antonio Burgos, fodido pola presenza do BNG no governo da Xunta, escribiu entre outras barrabasadas no ABC que «…en familia y matrimonio, como el otro exigió las bodas gays, éste (Anxo Quintana) conseguirá que cada gallego se pueda casar con su vaca, porque ustedes saben que los gallegos son mucho de la vaca, su pareja de hecho para algunos». Dos comentarios da pécora de Rosa Díez xa non falamos porque están moi recentes.

Ben, pois como dicía anteriormente, os galegos xa estamos afeitos aos insultos, así que non podemos estar cada dous por tres saíndo ao campo con lendas para defendernos dos imbéciles e escuros. Así que para todos aqueles clubes galegos que non teñan publicidade propoñemos ter sempre a man unha frase estándar para estampar en tódalas camisolas oficiais, para non ter que andar como os do Sevilla pensando «a ver que podo poñer na de hoxe». Un exemplo sería este:

Neste caso usando unha do Deportivo de hai tres anos, extraído dun poema do Leo i Arremecaghoná (minuto 0:49) e á súa vez baseado no famoso lema de «Mexan por nós e temos que dicir que chove».

Chuzame! A Facebook A Twitter

Arquivado en Actualidade | 9 Grandísimas aportacións »

Nunca é tarde para retomar os estudos

9 de Febreiro do 2012 perpetrado por o traveseiro

Unha proba máis de que o analfabetismo nas bancadas non entende de cores nin fronteiras. Neste caso os protagonistas son un grupo de seareiros do Deportivo desprazados a Huelva, tentando poñerse á mesma altura que os ultras locais confeccionando unha faixa cun grave erro ortográfico. Por sorte para eles para igualar aos onubenses é farto complicado, hai que ser moi pero que moi burros. Como moito podémonos nivelar con algúns ignorantes do Sporting.

O caso é que semella que tentaron corrixi-lo tentando engadir outro erre a «recoremos», mais xa non había o mínimo espazo necesario, ou se cadra puxéronlle til á letra, co cal xa sería para envialos directamente á escola.

Non fica moi claro como remata a frase, pero pode ser que superaran o puto temporal pero non o parvulario. En calquera dos casos, pídolle a federación de peñas do Deportivo que lles faga chegar aos afeccionados estes interesantes exercicios interactivos.

Chuzame! A Facebook A Twitter

Arquivado en Analfabestas | 4 Grandísimas aportacións »

Un home chamado cabalo

8 de Febreiro do 2012 perpetrado por o traveseiro

Moitas foron as louvanzas escoitadas e lidas tralo partido de Sergio Ramos o pasado sábado en Xetafe, con gol incluído. O Beckenbauer español? o Baresi de Camas? o Luis Sierra andaluz?

O que me estraña, e bastante, é que non o comparen con Babieca, o cabalo do Cid, polo seu parecido físico cos equinos e porque lle sobran «cojones y españolía», frase acuñada en 1948 polo dirixente federativo xeneral Zamalloa arengando aos futbolistas, e que provocou a risa do mítico dianteiro galego Pahíño, anécdota penso que xa comentada por estes pagos.

Chuzame! A Facebook A Twitter

Arquivado en Cuspidinhos | 1 Grandísima aportación »

Sito presidente!

2 de Febreiro do 2012 perpetrado por o traveseiro

Aurrera, aurrera, aurrera!!!

Lamentábel a tempada que está a realizar o Juventud de Cambados no Grupo 4 da Primeira Autonómica (vén sendo 6ª División), en postos de descenso a Segunda e perdendo a pasada fin de semana 0-1 na casa fronte o SD Salvaterra (de Minho, non de Agurain). Quedan aínda moitas xornadas e a cousa ten difícil arranxo a non ser que o seu expresidente máis ilustre, Xosé Ramón Prado Bugallo, a.k.a SITO MIÑANCO, volte colle-las rendas do clube do Salnés para sacalo do pozo, agora que sae de cando en vez da cadea de permiso.

Será capaz de levalo como fixo a finais dos oitenta, da Preferente a Segunda B (4º clasificado na 89-90)? De facer de Burgáns un campo cinco estrelas (xa pagou unha reforma)? De voltar a concentrar ao plantel en hoteis de luxo? De repetir as xiras do equipo por Venezuela e Panamá (onde din que tivo un fillo cunha familiar de Noriega)? De convidar outra vez a xornalistas deportivos ao seu chalé a encherse cos mellores mariscos e viños (e seica tamén a putas de alto standing)?

En calquera dos casos, o que de ningún xeito queremos que se repitan son as pintas que levaba no xuízo do 2004, non polas trobas e a barba, senón polo penoso gorro do Real Madrid que leva na cachola.

OFF TOPIC
Brutal achega futboleira recibida hoxe vía SMS e que debemos reproducir por seren asuntos de máxima actualidade: «Estamos co fútbol e cos que, coma os exipcios, restabelecen a xustiza pola súa man, e cos que, como os de Sta. Comba, cobran duns patróns inocentes e honrados».

Por non atopar ligazón explico: Un futbolista do Santa Comba CF foi pagar 16 euros de compra nun super da Coruña e a caixeira díxolle que o billete que lle deu de 50 era falso, e que o ía reter e chamar á policía. O tipo non tiña nin idea que era falso e botou a man ao sobre cos cartos que lle pagara o clube e pediulle á caixeira que lle comprobara se levaba máis falsos. En total cinco. A madeira levouno ao calabozo, e aínda que o ceibaron, irá a xuízo. Os directivos do Santa Comba din que tampouco sabían que os cartos eran falsos e que seguramente saíron dunha festa que fixeron o outro día para recadar fondos. Si, claro, e o meu can pillou unha mosca!

Chuzame! A Facebook A Twitter

Arquivado en Mundo viejuno-celebrities | 4 Grandísimas aportacións »

Apoiamos a Isaac Díaz Pardo