Un home chamado cabalo

8 de Febreiro do 2012 perpetrado por o traveseiro

Moitas foron as louvanzas escoitadas e lidas tralo partido de Sergio Ramos o pasado sábado en Xetafe, con gol incluído. O Beckenbauer español? o Baresi de Camas? o Luis Sierra andaluz?

O que me estraña, e bastante, é que non o comparen con Babieca, o cabalo do Cid, polo seu parecido físico cos equinos e porque lle sobran «cojones y españolía», frase acuñada en 1948 polo dirixente federativo xeneral Zamalloa arengando aos futbolistas, e que provocou a risa do mítico dianteiro galego Pahíño, anécdota penso que xa comentada por estes pagos.

Chuzame! A Facebook A Twitter

Arquivado en Cuspidinhos | 1 Grandísima aportación »

Comentarios

  1. kobense Escribiu:

    caracabalo sempre sera eso, un sunormal

Escribir comentario

Nota: Pode que o comentario tarde en se publicar, porque pode estar esperando moderación.

Apoiamos a Isaac Díaz Pardo