Isidro Silveira: como remataches, macho
22 de Febreiro do 2012 perpetrado por
o traveseiro
Houbo un tempo en que o presidente do Racing de Ferrol pasábase o día poñendo a parir ao Deportivo e ao seu presidente. Ao primeiro lle desexaba un descenso a Segunda para poder xogar contra eles, que daquela estaban nesa división e mesmo dicían que o obxectivo era xoga-la UEFA algún día. E ao segundo que acaparaba todas as axudas institucionais e que ao Racing non lles quedaban nin as migallas, e que nin sequera lle cedía xogadores. Odiaba ao Depor e louvaba ao Celta, porque para algo xogou aí.
Pois en tan só catro anos a cousa mudou case que por completo. Fixo realidade o seu soño de ver ao Depor en Segunda, pero non o de desfrutar do outrora famoso derbi provincial, porque o Racing xa non estaba alí agardando polos coruñeses. Baixou a Segunda B, e de alí a Terceira, onde non está a loitar polos postos de ascenso, que era para o que estaba feito o equipo. O Racing está no posto 13º, aparentemente en zona tranquila, a dez puntos do cuarto pola cola, que é o que marca o descenso a Preferente. O malo do asunto é que como descendan da Segunda B o Coruxo e Montañeiros arrastraría con eles dous equipos máis, polo que o Racing ficaría a tan só catro puntos do descenso. Resulta cando menos curioso que devecía por xogar contra o Deportivo en liga, e rematouno facendo perante o seu filial, superado en categoría por un bizarro clube coruñés, o Montañeiros, que nin barrio ten, e quen sabe se o ano que vén comparte categoría co Galicia de Mugardos e Narón Balompé.
Con este papelón, loxicamente Isidro Silveira totalmente acojonao. Hai unha semana perdeu os nervios e puxo verdes (nunca mellor dito) aos xogadores, e onte mesmo, entrevistado na Cadena Pope, recoñeceu que ten medo ao descenso a Preferente, que se trabucou nas fichaxes de 62 (!) futbolistas, que ninguén entende de fútbol, que se cría Superman e que «cuando me descalzo en la cama pienso: habrá que echar al presidente». Curiosamente, despois di que é mentira o que din os afeccionados que é el o que fai as aliñacións, que se así fose non estarían como están. En que quedamos Isidro? Entendes ou non de fútbol?
Porén, tamén mudou o discurso sobre a figura de Lendoiro. Agora xa non é un indesexábel, é un gran presidente por moitos motivos e recoñece que mudou a súa impresión sobre Lendoiro porque cando sufriu unha grave enfermidade o presi do Deportivo chamouno e portouse coma un cabaleiro con el.
En canto ao Celta… pois confirma tamén o que todo o mundo sabía dende hai anos: «Sé que sus futbolistas se dejaron perder por 600.000 euros cuando el Racing de Ferrol descendió a Segunda B. Pensamos en meter a los jugadores en el juzgado, pero el Celta nos pidió que no lo hiciésemos, y decidimos no hacerlo».
Por certo, a foto de enriba, xa comentada neste blogue pero non publicada, dos seus seareiros máis radicais (?). Atención ao fulano coa camisola do Barcelona que nin se inmuta ante un importante gol in extremis. Uns ultras, por certo, que non piden a cabeza de Silveira pero si a de AGAPITO IGLESIAS, dono do Zárágózá. O motivo atopámolo aquí (publicado o día dos namorados!). Penosos tanto uns coma outros.
OFF TOPIC
A portada de hoxe do órgano de propaganda do Deportivo, con Valerón e Manuel Pablo na festa infantil de Entroido no Playa Club.
Valerón machiño, que Buzz Lighthyear erguía o brazo doutro xeito, coño, que así semellas máis un puto ultrasur, meu.
Arquivado en Actualidade |
3 Grandísimas aportacións »






Febreiro 23rd, 2012 ás 10:50 a.m.
meno mal que é valeron..senon xa dubidaria do xesto..jejejej..por certo os ultras do ferrol a ke andan???a bandeira do valencia??’jajaja..estos son unhos pirolos..
Febreiro 23rd, 2012 ás 1:24 p.m.
Non ten necesariamente que compartir categoría co Narón. Pode baixar á Preferente e o Narón subir a Terceira, co cal teriamos material para escachar coa risa durante un tempo. Narón Balompé, primeiro equipo de Ferrolterra!
Febreiro 23rd, 2012 ás 11:19 p.m.
De feito vai segundo no Grupo Norte tralo Compos, e esta xornada cascoulle cinco ao Laracha, que vai terceiro. E ollo non os vaia superar o Galicia de Caranza.