Onde cona é que vai o noso diñeiro?

26 de Abril do 2012 perpetrado por o traveseiro

Recortes en sanidade, educación, I+D… namentres os clubes de fútbol deben un pastón ao Estado, cousa que non impide que segan fichando por un tubo e os dirixentes dos clubes, xa de paso, forrándose. En Europa flipan e aquí pasamos de todo. Bueno, non todos…

Porque ser futboleiro non significa ser «débil mental, subnormalito, mongólico, simiesco…» (Sánchez Dragó dixit). Nós gostamos do xogo pero estamos até o carallo do fútbol negocio, por iso deberiamos difundir cartaces coma o de enriba. Editado por As Filhas, pódese descarregar, imprimir, copiar, colar… tanto a cor coma en branco e negro, en galego-portugués e tamén en castelhano de Castilla.

A marxe disto, grandes putadas os nomes que figuran na ligazón á nova de que a Comisión Europea investiga as débedas dos clubes coa Facenda. O do director da escola de negocios IESE, Sandalio Gómez («Hola, me llamo Sandalio, pero mis amigos me llaman Chanclo») e o do mestre da Universidade de Barcelona que segue as contas dos clubes, José María Gay.

P.D. Cartaz e ligazón vistos previamente no C.C.C.P (Centro de Cultura Contemporanea Persoal).

Chuzame! A Facebook A Twitter

Arquivado en Pregunta para nota | 7 Grandísimas aportacións »

Xúligans ilustrados

23 de Abril do 2012 perpetrado por o traveseiro

Hoxe sae á venda «Hooligans Ilustrados», unha colección de seis obras breves sobre fútbol, publicado pola editorial Libros del K.O. Mólame o nome da colección, da editora e, sobor de todo, o do sexto volume: «El autoestopista de Grozni (y otras historias de fútbol y guerra)».

Igual tras lelo paréceme unha putísima merda, mais pola súa temática penso que gostarei del. Foi escrito polo xornalista de guerra de El País, Ramón Lobo que, como adoita a pasar ultimamente cunha morea de xente, é seareiro do Real Madrid. Considerarse de esquerdas e ser do Madrid é algo que debería estar tipificado como delito no Código Penal.

Do libro cóntanos que “el fútbol es la teatralización de la guerra, la canalización, no siempre exitosa, de unas (bajas) pasiones universales. Organiza su desarrollo dentro de un campo de batalla: bandos, uniformes, armas, pinturas en el rostro, banderas, gritos, insultos, ansias de victoria y venganza”. Unha verdade coma un piano. E a foto da capa do libro (deseñada por Rivolta) é sinxelamente espectacular, para enmarcar a grande tamaño e presidir o salón da casa.

Por certo, o título da entrada non é unha errata, púxeno así porque fíxome bastante coña cando llo escoitei hai anos nun programa da TVG, Meigas Fóra (presentado polo inefábel Manuel Torreiglesias), sobre violencia no fútbol a un dos persoeiros máis imbéciles e hostiabeis que pariu esta terra: Miguel Cancio, autor do zurullo «Sociología de la violencia en el fútbol».

Chuzame! A Facebook A Twitter

Arquivado en Actualidade | 3 Grandísimas aportacións »

Primeiras reaccións á marcha de Raúl

19 de Abril do 2012 perpetrado por o traveseiro

Os afeccionados do Schalke 04 vanse de festa para celebra-la baixa de Raúl González, para, acto seguido, ghomitar todo o comido e bebido tras coñecer que o seu clube pretende retirar o dorsal 7 en homenaxe ao futbolista, que marchará a fode-los céspedes e os cartos aos chineses, catarís, americanos…  Aínda está por ver a onde.

Chuzame! A Facebook A Twitter

Arquivado en Odioteca | Comenta, non sexas rata »

Drogaría Celta

14 de Abril do 2012 perpetrado por o traveseiro

O histórico e céntrico establecemento coruñés forneceu de material de primeira calidade durante anos a…

- Goran Juric (Insulina).
A finais da tempada 92-93 detectóuselle nun exame rutineiro unha diabetes tipo I, polo que tiña que tomar tres doses diarias, que seica non lle chegaban, polo que converteuse nun insulino-dependente total. O Celta deulle a baixa por non poder pagarlle o vicio, cousa que si fixeron outros clubes, xogando dez anos máis no seu país, selección incluída.

- Borja Agirretxu (Nandrolona).
Ten a honra de protagonizar o primeiro caso de dopaxe sancionado na primeira división. Deu positivo tras un Valladolid-Celta de xaneiro de 1997. A falta de chuletóns, botoulle a culpa a unhas pílulas que estaba a tomar para frea-la caída de cabelo (non tivo efecto), pero xa cando a sanción foi firme tirou da manta, acusando de todo aos servizos médicos do Celta.

- Everton Giovanella (Nandrolona).
Un control antidopaxe tras un encontro perante o Pontevedra en 2004 confirmou que xogou dopado até as cellas. Na primeira década do século os ionkis xa non estaban tan mal vistos pola sociedade, así que durante o tempo que durou a sanción (dous anos) o Celta pagoulle igual sen xogar. Durante ese tempo quixo «matar el gusanillo» (nunca mellor dito) na sección de fútbol sala do Celta, pero tamén prohibíronlle participar. Tan só xogou un partido, suficiente para colaborar co descenso final do equipo.

- Horacio Gómez (Metanol).
Antes de forrarse co Celta traballou fabricando e vendendo gaseosas. Coñecendo a catadura moral do tipo, custa moito crer que non introducira nas botellas alcol metílico a esgalla.

- As prespitutas de Tojeiro (Drojas varias)
As dúas, «la delgadita pelo largo, la segunda una rubia de 32 años, la de pelo largo 26″ , exerceron o pracer da prespitación con directivos e xogadores do Celta nas concentracións, tomando nota dos efectos que produce a inxesta de drogas mesturadas con colacao, para posteriormente utilizar esas prácticas con outros clientes, coma co noso caro amigo Xosé Toxeiro.

Chuzame! A Facebook A Twitter

Arquivado en Mundo viejuno-celebrities | 2 Grandísimas aportacións »

O derbi do futuro

12 de Abril do 2012 perpetrado por o traveseiro

 

Despois de moitos anos vaise disputar un derbi galego en Balaídos con moitos xogadores galegos pero sen ningún negro, algo impensábel hai uns anos. Nós reivindicamos un clásico coma os de hai cen anos (bueno, minto, o Celta hai cen anos non existía), con xogadores galegos, mais tal como vai o mundo, adiantámonos no tempo asegurando categoricamente que nun futuro a medio prazo tódolos xogadores que salten ao campo tanto do Depor coma do Celta serán galegos e negros coma o carbón, nunca brancos.

Se acaso haberá algún albino, coma Moszy, que chegou en patera ás illas Canarias. «Coma Moszy, vannos ter que preparar unha patera para marchar porque van vir por nós. Van cortarnos as pernas, os brazos, os dedos, e vendelos coma souvernirs nas tendas da praza da Quintana e do Obradoiro» como tamén adiantaron hai tres anos no mítico podcast «Ouveos na Noite».

O aspecto social e deportivo non variará moito no futuro respecto a hoxe. Como amosan as imaxes, a diferencia de categoría duns e outros é clara. Namentres os futbolistas do Depor calzan botas de primeiras marcas, os do Celta saltan ao campo con chanclas fanequeiras coma se fosen dar toques a unha faneca brava no canto dun balón. Os do Depor posan nas instalacións de Abegondo, e os celestes en Balaídos, que finalmente perdeu tódalas gradas pola aluminose, sendo substituídas por pallozas vips.

Na formación do Deportivo tamén botamos en falla ao porteiro, na cadea por pertencer ao ilegalizado Partido Zulú das Terras Galegas (PzTG).

Chuzame! A Facebook A Twitter

Arquivado en Idas de olla | 6 Grandísimas aportacións »

A guerra é nosa (e non de Fenosa)

11 de Abril do 2012 perpetrado por o traveseiro

Non entraba nos nosos plans publicar algo estes días sobor o derbi galego, porque aínda que o blogue é futboleiro, é público e notorio que o administrador é do Deportivo, se tiramos de arquivo, seguramente o equipo máis puteado aquí. O caso é que é poñerse a fedellar pola rede e atopar a peña cun abafante complexo de inferioridade que ten que crear un blogue (satélite da peña máis contundente (?) e chachipiruli da Galiza) só e exclusivamente para, durante unha semana, baballoar do Deportivo e dos seus seareiros.

Polo tanto, estes días terei que poñerme a camisola branquiazul e queimar un pouco ao eterno rival, pero coma sempre, de xeito sutil. Hoxe comezamos cos HOMES ANUNCIO, atacando á dignidade das persoas polos arredores de Balaídos porque seica choven cascallos. O certo é que agradécese ver algo diferente ao manido Compro Oro.

Algunhas ideias para vindeiros cartaces:
«Porque no foso xa debe de haber até crocodilos».
«Porque cada vez que chove hai que saír nadando».
«Porque as fendas das paredes semellan un mapa hidrográfico».
«Porque queremos que caian máis casquetes e menos cascotes».
«Porque o do Curuña está mellor, e iso non pode ser de ningunha das maneiras».

 

 

Chuzame! A Facebook A Twitter

Arquivado en Xentes da grada | 3 Grandísimas aportacións »

A xordeira dos da TVG

10 de Abril do 2012 perpetrado por o traveseiro

Dende que teño uso de razón no derradeiro partido en Riazor do Deportivo antes de xogar un derbi en Vigo sempre se escoitou o clásico «Todos unidos a puta Balaídos!!» Esta pasada xornada tampouco ía ser menos (algún substituíu Balaídos por Lonaídos), mais segundo o telexornal da TVG do domingo este cántico foi traducido desta maneira: «Todos unidos, imos a Balaídos!!»

Redactor da TVG en Riazor

Para máis cachondeo aínda, no resumo dos partidos, pola noite, co craque Oscar Benito á cabeza, reafirmáronse no dito anteriormente, co cal se confirma que, ou están como putas tapias, ou pretenden suavizar un roio que como dixen antes, é  case tan vello coma o propio derbi galego.

Este episodio tráenos á memoria cando alá por mediados dos noventa xogaba o Celta en Logroño e nun valado das Gaunas penduraba unha bandeira do Deportivo. Os da TVG, en troques obviar o asunto, van e din que «Afeccionados do Deportivo animando ao Celta» (?), provocando que escacháramos da risa todos fronte ao televisor.

Chuzame! A Facebook A Twitter

Arquivado en Maldita TV | 3 Grandísimas aportacións »

Os masters do universo

5 de Abril do 2012 perpetrado por o traveseiro

A vigorexia é un trastorno alimentario caracterizado pola presenza dunha preocupación obsesiva polo físico e unha distorsión do esquema corporal. Ás veces referido como anorexia nerviosa inversa ou complexo de Adonis, a dismorfia muscular é un tipo moi específico de trastorno dismórfico corporal. Esta enfermidade é máis común nos homes.

A vigorexia non está recoñecida como enfermidade pola comunidade médica internacional, pero se trata dun trastorno ou desorde emocional onde as características físicas percíbense de xeito distorsionada, do mesmo xeito que o que sucede cando se padece anorexia, pero á inversa.

Unha persoa que sempre se atopa con carencia de tonicidade e musculatura, pode sentir unha necesidade obsesiva de realizar exercicio físico para mellorar o seu aspecto corporal, facéndoo de forma compulsiva, e con iso padecer vigorexia. Con esta, os corpos adoitan desproporcionarse, adquirindo unha musculatura non acorde coa talla da persoa.

Polo poder de Grayskull

Un exemplo témolo nos ultras do Real Madrid (na imaxe, baixando dos autobuses -que non deberían ter ar acondicionado- o outro día en Iruña). Semellan (premer na imaxe para ampliar) uns He-Mans da vida, pero sen pelo, non sabemos se voluntariamente ou polo uso e abuso de anabolizantes, que ademais da calvicie reducen o tamaño dos testículos e o número de espermatozoides. Á deformidade do corpo (até teñen máis tetas que unha muller) hai que engadir a escasa ou nula masa cerebral, que lles impide asimilar que o home vén de África e manter un mínimo de coherencia coas ideas que practican, ou sexa, facer pintadas no Bernabeu do estilo «ni negros, ni sudacas, ni portugueses» e logo ter de ídolos a Roberto Carlos, Fernando Redondo e José Mourinho.

Polo demais, e voltando ao tema principal, pregúntome que pensará deles o espírito de Juanito, que non era moi robusto precisamente, máis ben raquítico, e tiña unha frondosa cabeleira en cabeza, peito e pernas, todo o contrario destes suxeitos, «esos hombres que tú admiras que parecen visigodos, mucho músculo, poco cerebro y luego lloran como todos».

Chuzame! A Facebook A Twitter

Arquivado en Adefesios, Odioteca | 3 Grandísimas aportacións »

20 anos do enterro de Juanito

3 de Abril do 2012 perpetrado por o traveseiro

Un emotivo recordo para un futbolista do montón e peor toureiro: Juan Gómez «Juanito» me mola tu tumba en Fuengirola. No terreo de xogo un chulo, provocador e violento, e fóra del un bocazas e sobretodo puteiro, afección esta última collida de cando vivía debaixo dun prostíbulo. Definiuno perfectamente o que fora vomitivo presidente do Barcelona durante 22 anos e empresario corrupto, Josep Lluis Núñez, cando dixo del que «embarazaba a las mujeres por las esquinas».

O mellor de todo é que un tipo así sexa ídolo do madridismo, e en especial dos ultras sur (o propio Juanito tamén os admiraba), dos do Mérida (poñían unha faixa que rezaba «Juanito, sangre y honor» (¿?) con simboloxía nazi) e dos do Málaga.

Precisamente escollo unha foto destes últimos porque así mato dous paxaros dun tiro, valéndome para a sección de Analfabestas. Que é iso de FUISTES, pedazo de pailarocos?

 

Chuzame! A Facebook A Twitter

Arquivado en Analfabestas, Mundo viejuno-celebrities | 9 Grandísimas aportacións »

Apoiamos a Isaac Díaz Pardo