Os masters do universo

5 de Abril do 2012 publicado por o traveseiro

A vigorexia é un trastorno alimentario caracterizado pola presenza dunha preocupación obsesiva polo físico e unha distorsión do esquema corporal. Ás veces referido como anorexia nerviosa inversa ou complexo de Adonis, a dismorfia muscular é un tipo moi específico de trastorno dismórfico corporal. Esta enfermidade é máis común nos homes.

A vigorexia non está recoñecida como enfermidade pola comunidade médica internacional, pero se trata dun trastorno ou desorde emocional onde as características físicas percíbense de xeito distorsionada, do mesmo xeito que o que sucede cando se padece anorexia, pero á inversa.

Unha persoa que sempre se atopa con carencia de tonicidade e musculatura, pode sentir unha necesidade obsesiva de realizar exercicio físico para mellorar o seu aspecto corporal, facéndoo de forma compulsiva, e con iso padecer vigorexia. Con esta, os corpos adoitan desproporcionarse, adquirindo unha musculatura non acorde coa talla da persoa.

Polo poder de Grayskull

Un exemplo témolo nos ultras do Real Madrid (na imaxe, baixando dos autobuses -que non deberían ter ar acondicionado- o outro día en Iruña). Semellan (premer na imaxe para ampliar) uns He-Mans da vida, pero sen pelo, non sabemos se voluntariamente ou polo uso e abuso de anabolizantes, que ademais da calvicie reducen o tamaño dos testículos e o número de espermatozoides. Á deformidade do corpo (até teñen máis tetas que unha muller) hai que engadir a escasa ou nula masa cerebral, que lles impide asimilar que o home vén de África e manter un mínimo de coherencia coas ideas que practican, ou sexa, facer pintadas no Bernabeu do estilo “ni negros, ni sudacas, ni portugueses” e logo ter de ídolos a Roberto Carlos, Fernando Redondo e José Mourinho.

Polo demais, e voltando ao tema principal, pregúntome que pensará deles o espírito de Juanito, que non era moi robusto precisamente, máis ben raquítico, e tiña unha frondosa cabeleira en cabeza, peito e pernas, todo o contrario destes suxeitos, “esos hombres que tú admiras que parecen visigodos, mucho músculo, poco cerebro y luego lloran como todos”.

Arquivado en Adefesios, Odioteca | 3 Comentarios »

3 Comentarios

  1. FOUCELHAS Escribiu:

    moi bo documento….pois mirade o que esta case o final do bus….debaixo das letras GU..jajajajaa..ese ainda ten ke tomar algo para medrar..jejejej

  2. o traveseiro Escribiu:

    É o pitufo Fortachón!

  3. Cru Escribiu:

    O que eu penso é que se ese autobús cae por un barranco e morren todos a humanidade terá perdido un chófer. Entiéndase en sus justos términos.