Alvaro Benito hostiado (solidariedade agresores)

15 de Maio do 2012 publicado por o traveseiro

Segundo a versión duns, porque Álvaro Benito insultou a un tipo nos baños dunha discoteca: “Mira al negro de rosa meando”. Para outros, non houbo provocación previa, e foi fostiado só e exclusivamente por ser o cantante do incualificábel grupo Pignoise.

Para nós, as dúas versións son perfectamente válidas e aceptadas por unha ampla maioría da sociedade para darlle unha boa malleira, solidarizándonos cos xusticieiros. Mais entendemos que a cousa non debería rematar así. No seu momento habería que atallar o problema de raíz, ou sexa, eliminando deste mundo ao individuo que agasallou a Álvaro Benito cunha guitarra durante unha das súas longas convalecencias coma futbolista eivado, traducíndose  neste grave atentado contra a música e a Humanidade en xeral que é ver e escoitar a este pavo cantar.

E xa de paso, mallar tamén a hostias ao lince que lle deu ou permitiu que se puxera unha camisola do Clube Deportivo Lugo nalgún deses infectos recitais de Pignoise. Sei que o Lugo, nun momento doce e ilusionante e a piques de disputa-la fase de ascenso a Segunda A, non está para este tipo de cousas, mais entendo que debería cando menos emitir un comunicado negando que non ten nada que ver co agasallo ou polo menos dando o nome do culpábel.

Arquivado en Odioteca | 4 Comentarios »

4 Comentarios

  1. doRCCV Escribiu:

    Joder uns futbolistas retirados por un accidente e quedan en silla de rodas e outros retiranse pra que os deixen en silla de rodas a base de ostias.
    Este estaba mellor sen retirarse carallo!

  2. Princi Escribiu:

    O pior de todo e que o fulano este arremeteu contra os que alí estaban tachandoos de “Pijos de mierda”…

    O primeiro que fixen foi ensinarlle a miña moza a foto que sacaches fai uns meses na que saia Guti con Álvaro Benito. Segue sen existir unha foto con duas “persoas” mais hostiables

  3. Michijhense Escribiu:

    Este coa do Lugo, Bisbal coa do Cerceda e a do Dépor… xa entendemos o por que das desgrazas do fútbol galego

  4. de vía estreita Escribiu:

    ¿Charro que pega gritos en “Punto pelota” de Intereconomía TV?