Cumprimos cinco anos e non nos enteramos

20 de Maio do 2012 publicado por o traveseiro

O pasado 17 de Maio este blogue estivo de cumpreanos, concretamente levamos nada máis e nada menos que un lustro emporcallando o blogomillo. Desta vez non houbo post especial, como así aconteceu cando fixemos un, dous, tres e catro anos, basicamente por falta de gañas. Si houbo unha pequena festa privada para comemorar e bebemorar o cabodano + Días das Letras Galegas. A cousa rematou desta maneira, non moi ben precisamente:

Como apreciarán os nosos seareiros máis fieis, facendo unha comparanza cos principios do blogue, este atópase en clara decadencia. As actualizacións brillan pola súa ausencia; hai bastante tempo que prometín mudar a aparencia facéndolle unha boa reforma xeral e nin pa dios; e os comentarios baixaron considerablemente, case na mesma medida que os leitores. Como lin nalgún sitio, “Debería ser obrigatorio por lei que a cada un llela chuparan unha vez na vida. Non existirían o 90% dos blogs”. Non lle falta razón, a case todo cristo mólalle que lle deixen un comentario no blogue… vamos, que lla chupen.

En canto ao número de visitas, como podemos ollar no seguinte gráfico estatístico, a cousa non pode ser máis deprimente. Non chegan a cen as visitas diarias nin por asomo, e os que entran despistados saen cagando hostias nada máis ver de que vai o roio.

Ese pico que asoma non é a prima de risco, senón o día que o Barcelona anunciou a Tito Vilanova como técnico para a vindeira tempada. Medio mundo púxose como tolo a procurar imaxes do tipo e moitos deles chegaron ao Traveseiro. Había dominios de países inimaxinábeis, “Vilanova” escrito en chinés, árabe e cirílico. Unha tolemia absoluta que a pouco máis e fai que estoure o xestor de estatísticas. E todo para ver o lamentábel peiteado de Vilanova cando xogaba no Barça B, do que por certo fixéronse eco no Divinity.

Outro termo de procura que me fixo bastante coña ultimamente foi “Alvaro Díaz empalmado”. Nin eu mesmo sabía quen carallo era o tipo e até tiven que pesquisar a ver de quen se trataba. Disque é un cantaor de coplas e fandangos, o cal fai máis surrealista se cabe a relación connosco. Esta é a ligazón ao seu clube de fans, por se queredes enviar os vosos insultos e ameazas.

Porque a nós, e á nosa caixa de correios, xa nin insultos chegan. Nin sequera suxestións nin peticións dos leitores, tan só spam, pesados que queren intercambiar links e, dende hai bastante tempo, de Vino Gallego. Congratúlame que tras botar unha ollada ao blogue, os responsabeis desa web pensen que para escreber (e ler!) paridas en O Traveseiro hai que beber viño a regho cheo.

O dito, que con ou sen viño, de momento haberá que seguir co roio este para os que lles mola, e aos que non, pois (voltando ás felacións) como dicía Maradona… “Con perdón de las damas, que la chupen. Que la sigan chupando”.

Arquivado en Autobombo | 8 Comentarios »

8 Comentarios

  1. kobense Escribiu:

    E boa verdad chico, os novos posts destacan pola sua ausencia, e se non eran raquiticas, non como esta, que ten letra abonda! pero levas 5 anos meu! nin a jueb do Mandril! Parabens ho, e non desesperes polos comentarios que hai moita vagancia!

  2. Antonio Escribiu:

    Un hombre, un comentario.

  3. doRCCV Escribiu:

    Eu sonche un dos que visita o blogue a diario sempre despois das pestanhas que tenho aquí enriba no “crome” de renaldinhos e Historias de segunda, por certo, moi bo blogue tamén (deixoo aquí por se acaso) http://historiasdesegunda.com/

  4. Michijhense Escribiu:

    Eu sijo fiel. Moitas grazas por existir e brindo con vino jallejo por outros 5 anos máis! (polo menos estes Fraja xa non os vai ver)

  5. Cru Escribiu:

    Aquí hai outro siareiro fiel. E non creo que teñas moitos de aquí abaixo. Non ha ser casualidade que o teu baixón coincida co aniño no inferno. Coa volta á Liga VVBA seguro que cambia a cousa. Bótoche unha corda, átaa no lombo de Valerón e levádenos con vós p’arriba, oh, que estamos ata o carallo desta puta mediocridade.

    Parabéns e moitos anos máis.

  6. Princi Escribiu:

    Dende Labañou sempre terás unha visita. Unha aperta e a primeira!!!

  7. Rinat Rafaé Escribiu:

    Muchas felicidades por estos 5 años!! Llegar a ellos ya es todo un mérito, y fidelizar a los que ni hablamos gallego aun más! Un abrazo

  8. O Traveseiro Escribiu:

    Graciñas a todas!