Un vicio coma outro calquera

28 de Xuño do 2012 perpetrado por o traveseiro

Tanoréxico perdido (e paquete)

A tanorexia, ou adicción ao bronceamento, é o termo usado para describir unha condición na cal unha persoa xera unha necesidade obsesiva para lograr un ton de pel máis escuro, xa sexa tomando o sol ao aire libre ou en cabinas de raios UV, que nunca pode alcanzar ao crer ter un ton moito inferior ao real.

Segundo os médicos, trátase dun vicio similar a poñerse até arriba de alcol, tabaco ou outras drogas. En casos estremos, coma o de enriba, pode ser indicador de padecer un trastorno dismórfico corporal, detallado xa polo miúdo noutra entrada.

E falando de viciosos, o prestixioso columnista do Times of India, Maradona, pide no seu artigo unha estatua en Lisboa para o da foto. Si, iso, para que lle caguen por riba as pombas!

Chuzame! A Facebook A Twitter

Arquivado en Adefesios | 3 Grandísimas aportacións »

3 Comentarios

  1. Michijhense Escribiu:

    Ostia, será tanoréxico perdido, pero eses pantalóns son máis do estilo da miña irmá ca dun home

  2. o traveseiro Escribiu:

    Coidado co que dis, herexe, que non son pantalóns, son shorts, e lle quedan superdivinos de la muerte, sa’es?

  3. doRCCV Escribiu:

    Taaaa… Ta…no…taaanoo…Ta-no-re-xia?? Tanorexia?? A isto chámaselle puto retrasado/retardo de toda a vida

Escribir comentario

Nota: Pode que o comentario tarde en se publicar, porque pode estar esperando moderación.

Apoiamos a Isaac Díaz Pardo