Espanha 4 – Galiza 17

3 de Xullo do 2012 publicado por o traveseiro

Estanco enriba de bar?

De entrada, os do mítico bareto do coruñés bairro da Agra do Orzán tiñan que comezar a subir o volume da tele; golpear con máis ímpeto pratos, vasos e cubertos; e falar a berros.

E para o resto dos veciños, e en especial un de Monte Alto que me comentaron hoxe que seica saca unha bandeira franquista pola fiestra só ao comenzo dos partidos (?)… aí van unha serie de consellos de grande utilidade, algún extraído do recomendábel manual de autoaxuda “Cómo convertirse en un hijo de puta”:

– Deixarlle unha rata morta no felpudo, cravarlle unha cabeza de galiña no marco da porta… O da cabeza de cabalo na cama é demasiado caro e arriscado.

– Tocarlle o timbre ao chegar a casa de madrugada ou ao ir currar cedo. Un clásico, mais desta vez insultándose a si mesmo, para quedar libre de toda sospeita.

– Outro clásico, botarlle lixivia na roupa tendida, loxicamente só se vives enriba del. Se ten a bandeira a lavar, o dobre de diversión.

– Colocar unha notiña no portal que diga “A festa é no 1º dereita” (p.ex.). Para maior efectividade, recoméndase face-la coña preferiblemente venres, sábados e vésperas de festivo.

– Con trazo violento, grandes caracteres e algún detalle que denote natureza psicótica (unha mirilla na letra “o” por exemplo) escreber na parede xunto a súa porta “Vas morrer”, sen especificar nome algún.

– Coller unha botella baleira de Fairy, mexar nela até encher tres cuartos e deixar repousar un par de días. Pasado ese tempo achégaste a súa porta de madrugada e chiringas o contido do recipiente por embaixo da mesma. Dependendo da separación entre porta e chan, o líquido pode alcanzar tranquilamente o metro de distancia no interior.

Admítense suxestións.

 

Arquivado en Espanholadas | 3 Comentarios »

3 Comentarios

  1. doRCCV Escribiu:

    Uns clásicos entre clásicos:
    a sabendas de que está na casa, plantarlle lume a unha bolsa chea de merda e timbrarlle na porta…

    Tamén se ten manilla por fora da porta á que poder amarrar un cordello atada á barandilla por exemplo e que non podan abrir.

    Taponarlle as pechaduras con “lotite”.

    Chamar a diferentes restaurantes, pizzerías, etc facendo grandes pedidos á súa dirección.

    Pegar chicles no timbre.

    Fácil e sen romperse a cabeza.

  2. Anónimo Escribiu:

    Osea que el fulano saca una bandera (que ni es franquista ni nada) y llamais a putearlo en incluso a joderle la ropa tendida. Haceis gala de una encomiable tolerancia.

  3. sincero Escribiu:

    apupos a selección española…..