Os dorsais de Rubik

5 de Xullo do 2012 perpetrado por o traveseiro

Despois da grande aceptación (?) por parte dos seareiros do Deportivo da Coruña das camisolas para a vindeira tempada deseñadas por Lotto, agora chegan os dorsais.

Nesta ligazón podemos olla-lo minucioso traballo dun dos creativos da prestixiosa marca italiana, que, como podemos apreciar, utiliza un dos últimos, modernos e sofisticados programas informáticos para deseña-los dorsais das novas camisolas: A serpe de Rubik.

E falando de camisolas, mólanme cantidade as comercializadas polo Corinthians para festexa-lo campionato da Libertadores, en especial as de «Contra tudo e contra todos» e «Cala a boca». Iso son deseños e non a aberración ideada polo Deportivo co gallo do ascenso.

Chuzame! A Facebook A Twitter

Arquivado en Adefesios | 27 Grandísimas aportacións »

27 Comentarios

  1. doRCCV Escribiu:

    Pois según o clube seica non hai tanto rexeitamento das camisolas i estanse a vender máis que as da tempada pasada.
    O Deportugal dende a 96-97 máis ou menos onde lucía esa mítica co FEIRACO non tivo unha camisola máis ou menos bonita ou «decente» na minha opinión.

    E pola nosa banda parece que a marca a Hummel está interesada en vestir ó noso equipo. Logo de ver o meu nome na camisola deste ano acompanhado do lema «AFOUTEZA (minha palabra favorita, que ben soa!), CORAZÓN, ORGULLO E TRADICIÓN» gostaría de vestir o ano que ven a mesma marca que os St. Pauli

  2. Michijhense Escribiu:

    O Deportivo tivo camisetas bonitas estes anos. Algunha de Joma (poucas) era aceptable. A do centenario por exemplo ou a do centenariazo, pena que só xogasen un partido cada unha. A de Adidas da liga ou a do ano seguinte, de Dreamcast parécenme fermosas tamén.
    Despois Canterbury facía cousas bastante decentes, e guiños á cidade, coma o da Torre de Hércules que agora se extrañan.
    Pero bueno, o Deportivo non tivo moitas camisetas fermosas nos últimos anos pero case que coma tódolos equipos, poucos teñen camisolas aceptables.

  3. Germán Palomares Escribiu:

    Se este ano se están vendendo as mesmas camisolas é porque ser do Depor aínda está máis de moda que o ano anterior, e a esta xente que non posúe o sentimento dalle igual a identidade do clube, só queren a camisola porque terán cartos e se podrrán facer fotos con ela e ir de super blues

  4. Mr Tichborne Escribiu:

    Ímola acabar aceptando e adorando, porque é a do noso equipo e estamos ilusionados… pero, sexamos serios. É FEA. Pero fea fea. Mira que se poden facer cousas bonitas con esas cores, ou polo menos aceptables, barras brancas e azuis verticais, tampouco é tan difícil, iso é unha desfeita. Fea como pegarlle a unha avoa. Cun calcetín sudado. Prefiro a do último ascenso e con publicidade de «Hotel Rías Altas». Pero que fea, carallo.
    Non sei se quedou claro aí enriba, pero non aprobo de todo o novo deseño.

  5. kobense Escribiu:

    Apoio a Mr Tichborne. E fea de collóns, e mais cando se publicaran deseños previos onde a 3º equipacion era cunha franxa diagonal azul, estilo bandeira da Galiza. Son incomprensiblemente mal feitas para unha marca do prestixio de Lotto, pero bueno, mentres o branquiazul se manteña, como se queren xogar cun sacos das patacas…

  6. doRCCV Escribiu:

    Home, a da publicidade de DREAMCAST era ben horrorosa e as de Joma estaban a altura das Lotto.

    E sí, tamén opino que na inmesa maioría ser do Depor é unha moda. E aínda por riba agora é unha moda «cool» e sobre todo nas churris que lucen camisola do Depor cual máxime Blue ou HINCHA.

  7. Michijhense Escribiu:

    Joma ao lado de Lotto era a ostia. Mira estas dúas sen ir máis lonxe.
    http://img.class.posot.es/es_es/2012/03/10/CAMISETA-DEL-DEPORTIVO-DE-LA-CORUA-20120310150255.jpg
    http://www.anuncio.net/images/anuncios/camiseta-oficial-r-c-deportivo-de-la-coruna-temporada_581671942f5c84bcb4abd8ca2d4e6498.jpg

    E a de Dreamcast era a mesma que a da Liga de Feiraco. A min parecíame fermosa, moito máis ca primeira de Adidas.

    Eu sigo pensando que a deste ano non é tan fea como as dúas primeiras de Lotto. Recordade aquela que tivemos ao principio con Lotto, a que tiña o stick plateado no peito e a espalda toda blanca. Ou a do ano do descenso coas liñas estreitas e un azul moi escuro. Gústame algo máis a deste ano sinceramente, polo menos a primeira. E eu opino que por detrás é como tiña que ser, xa hai tempo que non temos unha con liñas ata arriba.

    E por certo kobense eses diseños dos que falas son os que fixo un friki e colgou nalgún foro ou rede social e tiveron difusión pero non as publicou Lotto en ningún momento. Aquelas camisetas eran a ostia. A primeira como a do superdépor e a segunda do mesmo estilo en vermello e negro.

  8. O Traveseiro Escribiu:

    @doRCCV.
    Uhm, Hummel, a marca do «abejorro» oitenteira que vestía o Madrid da Quinta del Buitre? Hai pouco creo lembrar que vestiu a Xerez e Castellón, pero só unha tempada. Cousa boa non é.

    Non creo que ser do Depor estea de moda, máis o que dis das churris con camisolas podes aplicar a frase do Snobmegalove: «Rapazas con camisolas de equipos de fútbol: facedes que as nosas pirolas encollan, a ouvear de pena e espanto». E falando de modas… xente que leva roupa do St.Pauli sen gostar do fútbol só polo roio esquerdista.

    @Michijhense.
    Esas camisolas que ligas visualmente teñen un pase mais… que pasa coa calidade? A primeira cos lavados o azul convértese en lila e a segunda despégase toda a cachos. Joma merece morrer!

    @Germán.
    Mercar camisolas hoxe en día é un artigo de luxo, sexa ou non para fardar. Non se columpian cos prezos nin nada.

    @Mr.Tichborne.
    Un exemplo do doado que é facer unha camisola a raias branquiazuis medianamente decente, a do Espanyol desta tempada:

    http://todosobrecamisetas.blogspot.com.es/2012/07/equipaciones-puma-del-espanyol-20122013.html

    @Kobense.
    O que xa che confirman por aí, os deseños adiantados non son feitos por profesionais, por iso están ben.

    Por certo, falamos só das camisolas, mais os chándals, roupa de paseo e adestramento dan puto noxo, xa non pola fealdade, tamén porque son dunha calidade máis ben baixa, coma se fosen do Carrefour.

    Os de Canterbury si que facían boa roupa.

  9. Michijhense Escribiu:

    Falabamos do visual mais é certo que en calidade a mellor foi Canterbury. A primeira que puxen téñoa e parece do valladolid.
    Vin o outro día un simple suadoiro de Lotto que custaba 90 pavos… e eu que sigo usando un de Canterbury coa calaveira da torre no peito e o escudo na capucha que me custou 6€. Pena que quebrara

  10. Princi Escribiu:

    A camiseta mais fea dende aquela primeira de Joma. Sería pior ainda adornar a camisola co himno do equipo mal escrito e en castrapo.
    ¿Alguén que se de por aludido?

  11. Princi Escribiu:

    «E falando de modas… xente que leva roupa do St.Pauli sen gostar do fútbol só polo roio esquerdista.»
    JOJOJOJOJO, non reparara nisto. Vaiche dicir que ten moitos colegas alemáns que son deste equipo.
    Lamentables mamadas inter-hools

  12. doRCCV Escribiu:

    Levar unha camisola do St. Pauli é unha moda coma ser do Depor por exemplo. Vestir a marca que viste ó St. Pauli pode ser un feito que é algo diferente.

    Un consello pra a cami do Depor máis que o himno en castrapo pode ser que lle ponhan o lema «sentimiento de primera» e si non gosta isto ponher algo en portugués pra que os xogadores se sintan máis identificados.

    Alguén que se de por aludido?? paun!

  13. Anónimo Escribiu:

    Pode que ser do Dépor esté de moda. Outros nunca o estarán.

  14. Princi Escribiu:

    Un dato fresquiño do verán que deixa as claras que o Dépor e unha moda e o Celta nunca caminará solo:

    Socios Dépor día 6 Xullo: 19605
    Socios Celta día 6 Xullo: 08680

  15. doRCCV Escribiu:

    Ea! e todos contentos, agora a celebralo.

    Uns cantando «ella me dice que no que no que no» ou incluso «ella no entiende de modas» e os outros que canten Keltoi!

    Alguén que se de por aludido?? paun paun!

  16. Princi Escribiu:

    ¿Como é a canción esa de Keltoi? Curiosidade. Pero tes razón, mola moito mais cantar unha canción entre 100 que ver a todo o estadio animar a un equipo todos a mesma voz. Logo admirades a quen fai isto último.

    Ceñíndome ao post. A camiseta e fea se mire por onde se mire, parece feita mal adrede, a primeira, a segunda e a terceira. Pero mola poder comparar esta camiseta coa do «centenariazo» «aquela amarela do 2-3 en Munich » » a do 4-0 ao Milán»…

  17. doRCCV Escribiu:

    A Rianxiera de Rianxo por exemplo??
    Pois a de Keltoi! é a de 1923 non hai mellor canción e cántico pra o fútbol. http://www.youtube.com/watch?v=xDyjoQbKOTk
    E aquí cantado por todo o estadio e polos autores co menda por aí adiante
    http://www.youtube.com/watch?v=qweZqZNJr0o

    Cenhíndome ó post, moi interesante e que está dando bastante xogo. Facendo un pouco de autobombo e mentando unha parte do último post dos 5 anos do blogue…aínda vou dando xogo e os comentarios non baixan tanto ou? :D

  18. Princi Escribiu:

    Todos sabemos que doRCCV non é mais que un clon do amigo Traveseiro. Un recurso mais dos tantos que teñen estes blogueiros. Non pode existir algún que sexa do Celta,que presuma delo e que veña a este santuario do bo gusto deportivo e deportivista.

  19. doRCCV Escribiu:

    Jajajaja non amigo non, pero sí que sería boa esa.

    Xa expliquei que sendo como son (antideportivista acérrimo) aínda non entendía moi ben como me enganchara este blogue, bueno, un pouco sí pola súa mirada «atravesada» e o aire noventeiro que poda ter.
    E outra cousa aparte, seica isto non é un blogue do Deportivo e así mo fixo saber a amigo Traveseiro.

  20. Princi Escribiu:

    Non é un blog do deportivo, pero está feito por un deportivista deses asquerosos que odia xente coma ti.Podes aproveitar o memorial Quinocho para recomendar este blog pola tua grada en Balaidos.

  21. doRCCV Escribiu:

    Odia a xente coma min? celtista, celtarra…aahms, non o sabía.
    Grazas pero non, o blogue gustoume a min pero non llo vou recomendar a ninguén na minha bancada. Eso sí, fixeno no bar comentando que mira que era estrano que me gustase.

  22. Princi Escribiu:

    Digo que xente coma ti debería odiar a xente coma o que fai este blog. O señor «corriente natural de agua que normalmente fluye con continuidad» ;-) non odia a ninguén agás Guti.
    Deberian facer camisetas do blog e facerte levar unha a bancada.

  23. O Traveseiro Escribiu:

    Como dixo unha vez o Tonhito de Poi nunha actuación dos Heredeiros da Crus nun programa para nenos na TVG… «Ser bueeeenos, portádevos beeeen», poñendo cara de tolo.

    Eu a vós dígovos o mesmo. :)

  24. Antonio Escribiu:

    Puta Celta, Puta Dépor, Viva el Ourense de Mornar.

    Sólo por joder.

  25. o traveseiro Escribiu:

    E viva o Lemos de Albert Stroni!!

  26. doRCCV Escribiu:

    E por iso che digo que me estrana moito non odiar o blogue. Eu que non entendo de piques sanos no fútebol.
    Suponho que pola minha bancada non saberán moitos do blogue si é que alguén sabe deste desconhecido recuncho :P

    E viva o Endesa As Pontes de Repi!!

  27. Michijhense Escribiu:

    Que viva o Cambados de Sito Miñanco!

Escribir comentario

Nota: Pode que o comentario tarde en se publicar, porque pode estar esperando moderación.

Apoiamos a Isaac Díaz Pardo