Residuos tóxicos en A Estrada
10 de Xullo do 2012 perpetrado por
o traveseiro
Alberto, alias Michijhense, seareiro desta casa dende os tempos en que fora deportado aos Estados Unidos, pasoume a semana pasada esta brutal imaxe (mil grazas!). Premer nela para agrandar.
A entrada chega un pouco tarde, porque tan magno e casposo acontecemento tivo lugar o pasado domingo, pero pola súa transcendencia debe publicarse. Como vedes, trátase do cartaz da homenaxe que lle tributou a peña madridista de A Estrada (Pontevedra) ao afamado xornalista (?) do As e contertulio da bazofia esa do Punto Pelota, poglama que como ben sabedes emite Intermerdocomia polas noites… TOMÁS RONCERO, ou Roncerdo.
Pois si, señoras e señores, un dos males que tivo sempre o fútbol galego e estatal en xeral: afeccionados zombificados apoian a equipos de fóra en troques aos da súa vila ou cidade. Neste caso tocoulle a quenda aos da Estrada. Esta tempada, o C.D. Estradense, bateu cos seus ósos na Preferente, cousa que ao mellor non acontecería se estes disque 150 individuos madridistas foran a A Baiuca a animar ao Estradense en vez ficar na casa babeando a alfombra do salón con CR7. Por certo, A Baiuca, sinónimo de taberna, é, que eu saiba, o mellor nome de campo de fútbol galego.
Uns detalles sobor o carteliño de marras:
- Vemos que os socios da peña tiñan acceso totalmente gratu, gratu, gratu, gratu, gratu, gratuíto, ou como pon aí, de valde (sic). Aos simpatizantes crávanlles 40 euros, e aos menores de dez… 20 pavos!. Unha estafa coa que quererán pagarse a farlopa ou as viaxes ao Bernabeu. Supoño que o que fixo o cartaz entraría tamén de balde, aínda que polas trazas teña menos de dez anos.
- Hai convidados do Real Madrid, pero non especifica quen. Vendo a cutrez do acto sospeitabamos da posíbel presenza de Toñín el Torero. Non, pois logo descubrimos que se trataba de Fernando Zunzunegui, un exfutbolista vigués que seica adoita a visitar esta peña. De feito, o presidente da mesma levaba unha garabata que lle agasallou o propio Zunzunegui e que a súa vez lle dera Emilio Butragueño. Enternecedor!
- Tamén convidaron a máis peñas madridistas. Sabemos que foron Rey de Copas de A Illa de Arousa, Morrazo de Cangas, Sabores de Arousa de Vilagarcía, Casa Rivas de Xeve y Cobres de Santa Cristina de Cobres. Ou sexa, o que falabamos antes, son do Madrid e ao Arousa, Céltiga ou Alondras que lles dean polo cu, non?
- A foto escollida do homenaxeado semella indicar coa man aberta como cren que é o xeito que merecen para que lles deamos as hostias.
- A gala está amenizada por uns tal REGATO DE MATAMULLERES. Hai que ser moi fillo de puta para poñer a unha orquestra, ou o que carallo sexa, ese nome, a non ser que sexa matar a alemáns que se apeliden Müller, que supoño que non.
- O local social da peña ten horario de apertura especial para os días en que xogaba a selección española. Non sei para que me estraña.
- Nin que dicer ten que hai que boicotear aos patrocinadores do roio este. Mágoa que non se aprecien.
Para rematar, salientar que o título vén a santo de que Tomás Roncero, que levaba dende o xoves poñéndose cego nas Rías Baixas, tivo a infeliz ocorrencia de poñer no twitter que hai depósitos tóxicos en Carril. Con doj cohone!
Arquivado en Odioteca |
7 Grandísimas aportacións »





Xullo 10th, 2012 ás 1:20 a.m.
Moi grandes os xornalistas da Voz que escribiron a noticia dos depósitos de Carril.
«Dejando a un lado la difusa noción geográfica sobre la ría de Arousa, y el peculiar ejercicio de bilingüismo armónico en materia de toponimia -disculpables ambos, tampoco hay que exagerar- el meollo de la cuestión se centra en el tratamiento que da Roncero a la terminal portuaria y sus alrededores. Decir que junto a Carril y Vilagarcía, un paraíso, como él mismo tiene a bien definirlos, funciona un cementerio de residuos tóxicos -así, a lo loco- no solo es mentira; tampoco es la mejor manera de echar un cable a la promoción turística de la zona».
E si che digo a verdade eu fijeime na foto simplemente porque me sorprendiu ver nun bar de Boqueixón (de onde é a familia de Torres) un cartel feito exclusivamente con WordArt. Morte pra o deseñador!
Xullo 10th, 2012 ás 11:06 a.m.
Esta foto define todo o artigo:
http://spd.fotolog.com/photo/13/59/37/mini_mou/1219970459397_f.jpg
Xullo 10th, 2012 ás 2:24 p.m.
Digo eu, os 40€ euros dos adultos son pra pagar a farlopa e cos 20€ dos menores de dez serán pra pagar speed.
O de entrada de valde igual se querían referir a que vai entrar no acto Valdés -.- e podería recollerse en analfabestas.
Xullo 10th, 2012 ás 3:30 p.m.
O verdadeiramente escarallante é que este persoeiro teña 180000 seguidores en twitter! Agh!
Xullo 10th, 2012 ás 3:32 p.m.
Outro tema: cando buscas «Traveseiro» no jujlel, o segundo resultado é este :O supoño que xa o viras
http://bit.ly/PHgdXn
Xullo 10th, 2012 ás 10:52 p.m.
Non só que xa o vira, senón que xa publiquei algo ao respecto hai perto de tres anos… e ti comentaches!
http://otraveseiro.blogaliza.org/2009/11/09/un-blog-de-futbol-que-serve-de-consolador/
Xullo 13th, 2012 ás 3:11 p.m.
Operación Banano xa!!!