Tensión no centro cívico

13 de Agosto do 2012 perpetrado por o traveseiro

Parte da crónica dos feitos acaecidos na previa dun xogo amigábel (?) entre Osasuna e Zaragoza en Tafalla: «Tal e como relataron algúns dos presentes, voaron cinceiros e houbo algúns golpes, cos anciáns correndo a estancias máis seguras para evitar ser alcanzados. Unha das empregadas do centro apresurouse en baixar a persiana da entrada para evitar males maiores, ata que chegaron os axentes da Policía Foral e controlaron a situación».

Salientar que voaran os cinceiros (pódese fumar nos centros cívicos?) e non outro tipo de obxectos máis ou menos contundentes como as fichas de dominó e os tacatás. Na imaxe tirada das cámaras de seguridade, os Ligallo, que non os vellos, fuxindo dos osasunistas.

E se vos sorprende que as pelexas entre ultras se trasladaran até guetos de vellos é porque non estamos en latinoamérica. Así, na cidade colombiana de Cali houbo un morto e tres feridos durante unha liorta entre seareiros do Deportivo e América… nunha funeraria! Segundo unha empregada do tanatorio «empezaron a tirar paus e pedras e a romper os vidros da carroza. En fronte estaban velando un mozo que si era afeccionado do Cali e habían outros mozos. Eles empezaron a atacar aos que chegaron no jeep e oíronse algúns disparos». Para que logo digan que nós non respectamos aos mortos cando vacilamos con Juanito.

OFF TOPIC
«ESPAÑA NECESITA TU AYUDA!!!!ANDALUCÍA invadida por PORTUGAL!!!! ASTURIAS Y NAVARRA por EEU!!!!! ÚNETE al mayor simulador geopolitico-militar,Podras ser Presidente, periodista, empresario o el mejor guerrero. PERFECTO para pasar los ratos muertoS delante del ordenador, y podras hacer cientos de amistades!!! Por supuesto podras juga de forma totalmente GRATUITA!!! AYÚDANOS!!!!»

Comentario que aparece cada dous por tres nas novas publicadas na edición dixital do Marca. Seica censuran todo tipo de comentarios pero esa castronada non. Curioso cando menos.

Chuzame! A Facebook A Twitter

Arquivado en Actualidade | 2 Grandísimas aportacións »

2 Comentarios

  1. Princi Escribiu:

    O puto comentario ese aparece un par de veces en cada páxina. A primeira vez que o lin poñía : «Galicia invadida por Marrocos»

  2. doRCCV Escribiu:

    Si é que xa o din ben claro os Non Servium no gran temazo El rodillo del Kaos:
    «Desde Asturies a Galicia y pasando por Pamplona,
    ahí están los Indar Gorri que nunca nos decepcionan».

Escribir comentario

Nota: Pode que o comentario tarde en se publicar, porque pode estar esperando moderación.

Apoiamos a Isaac Díaz Pardo