Pucela con Bob Esponxa

17 de Agosto do 2012 perpetrado por o traveseiro

A Comisión Nacional sobre Asuntos para a Defensa da Moral Ucraniana considera ao popular personaxe Bob Esponxa unha ameaza para os nenos porque, segundo eles, é homosexual, así como a outras series de debuxos animados por seren «proxectos especiais dirixidos á destrución da familia, a propaganda do vicio e drogas».

«Bob Esponja, uno di noi»

Este tipo de xente sempre está a sacarlle punta a parvadas en beneficio das súas taradeces mentais. Pero para tarados nós, que, a diferencia dos do Real Valladolid, nunca endexamais permitiriamos aos nosos fillos levar ao fútbol unha bufanda de Bob Esponxa. Mais non porque sexa gay, xa que a nós súanola por completo as orientacións sexuais de cada un.

O motivo é que nós xa temos ao noso propio personaxe: Troitinho, «un novo heroe galaico que vai exterminar a Bob Esponxa e a toda a súa fauna subacuática». Porque namentres a esponxa amarela pasa os seus ratos libres cazando medusas e xogando con Patricio, Troitinho loita «contra as bioinvasións nos ríos galegos de tartarugas americanas e garda civís». Moitísimo máis divertido.

Debemos salientar o choque que provoca ollar unha foto de afeccionados do Valladolid tan «veraniegos», e non como adoitan a estar unha alta porcentaxe dos catro que van ao campo todo o ano: literalmente amantados. Sabe esta xente da existencia dos edredóns nórdicos, que abrigan tanto ou máis que as mantas, pesan menos e non dan tanto o cantazo como esas horribeis prendas tupidas e peludas? Aí queda a pregunta.

Chuzame! A Facebook A Twitter

Arquivado en Idas de olla | Comenta, non sexas rata »

Escribir comentario

Nota: Pode que o comentario tarde en se publicar, porque pode estar esperando moderación.

Apoiamos a Isaac Díaz Pardo