Madeiros fotoxénicos

22 de Outubro do 2012 publicado por o traveseiro

“Sorride chusma”

Un policía tira imaxes (descoñecemos se video ou fotos) dos afeccionados que se reunían nos arredores do campo de Riazor durante os intres previos ao derbi galego do ano pasado. Tampouco sabemos se o fai co seu trebello persoal ou co do “traballo”, se é a título persoal ou por orde dos seus superiores. O caso é que goste ou non, non se pode evitar. Eles poden gravar imaxes túas e ti non lles podes reclamar porque non vaia ser que logo te chegue unha multa a casa de 3.001 euros e prohibición de entrar en recintos deportivos durante meses pola túa afronta.

Pois si con isto non chega, disque o governo estase a prantexar sacar unha nova lei que prohiba gravar e difundir imaxes de policías no exercicio das súas funcións. Como aínda non se aprobou, aproveito para poñer eu unha relativamente vella, do ano 1993, tirada durante unha viaxe de seareiros deportivistas.

A porra do madeiro

Sirve claramente como exemplo do que non se permitirá dentro de pouco, porque tal como anuncia o director xeral da policía, prohibirase… “la captación, reproducción o tratamiento de imágenes, sonidos o datos de miembros de las fuerzas de seguridad en el ejercicio de sus funciones cuando puedan poner en peligro su vida o en riesgo la operación que están desarrollando”. A súa vida non creo que estea en perigo, pero si que ao verse vixiado e fotografado, perda os nervios e molle de mexos mans e pantalóns. Por non falar do perigo que supón collerse a pirola coa petrina.

Arquivado en Odioteca | 1 Comentario »

Comentarios

  1. doRCCV Escribiu:

    Pois na viaxe a Pucela da tempada pasada, nós aproveitamos pra gravar e sacarlle fotos a algúns dos madeiros que cargaran porqué sí contra Celtarras. Aquí unha que subín dun madeiro fumando no traballo que pensei que podía ser o bigotes destas últimas manifas en Madrid (que non, El Bigotes). http://imageshack.us/photo/my-images/163/20120303185442.jpg/

    E falanda de madeira. Botádelle un vistazo ás vexacións que sufriron os celtistas no Bernabeu. Isto xa o tenhen publicado tamén das viaxes a pucela i eu xa o vivín.
    http://www.celtarras1987.blogspot.com.es/2012/10/vexacions-contra-o-celtismo-por-parte.html

    E agora venhen todos finolis con que non se lles pode gravar…