Ramiro, o psicoesteta

24 de Outubro do 2012 publicado por o traveseiro

O fútbol profesional está a alcanzar tal grao de estupidez que xa non só son contratados por clubes e federacións psicólogos e nutricionistas, entre outras especies. Agora tamén PSICOESTETAS. Estou a falar concretamente de Ramiro Fernández Alonso, que seica traballa peiteando e aconsellando aos futbolistas da manida Roja.

O tío non só se atreve a louva-la patética imaxe de Feijóo, senón que tamén, consultado polo Marca, ten os santos collóns de criticar gravemente o corte de pelo realizado por Fernando Amorebieta (aquí arriba) durante unha concentración coa gloriosa selección de Venezuela, a Vinotinto, da que o defensa do Athletic é puntal. No Marca subtitulan que “El central desafía el canon de la estética con un rapado parcial de su cabello”, cando non ten nada de raro raparse só polos lados. Para o Ramiroguay, o que se fixo Amorebieta “es un corte esnobista. Soy un defensor del peinado como vehículo de seducción y comunicación, y lo que ha hecho este jugador es todo lo contrario. Minimiza su imagen de triunfador”.

Tras confirmarse que este peiteado snob foi perpetrado por dous compañeiros, o psico-esteta achega que “se nota que han usado una maquinilla de cuatro ceros. Para hacer esto era mejor que se hubiera rapado totalmente. Es una excentricidad que a mí particularmente no me gusta porque no han acondicionado el pelo del frontal de la cabeza con respecto al afeitado de los márgenes”.

Eu, que incluso cortáballe o pelo ao meu can e que ademais son fillo de perruqueira, sei algo disto, e apoio totalmente todo tipo de corte de transgresor. E o peor de todo é que…

1. Ramiro o psico-esteta podería predicar co exemplo e facerse algo na cachola porque a súa alopecia xa lle chega case á coronilla, co que xa non se sabe onde empeza e remata a fronte. Un rapado a coitelo viríalle ben.

2. Ten narices que se sorprendan hoxe en día con calquera corte de pelo. Estes xornalistas modernos como se nota que non coñeceron a tipos coma o mítico Mike Werner (imaxe superior), que nos seus tempos no Hansa Rostock luciu un dos mellores mullets noventeiros que se recordan no fútbol europeo. E quen non lembra a finais dos oitenta na Coruña a futbolistas coma Xosé Ramón ou Flaco Gil con rizos de permanente?

Arquivado en Chámalle X | 3 Comentarios »

3 Comentarios

  1. doRCCV Escribiu:

    Últimamente o notario este debe ter traballo analizando tanto peinado cool, moderno e sobre todo ostiábel que hai no fútebol moderno. Eu, postos a lembrar algún peinado, vouno facer dun máis da minha época. Tamén dos 90 pero finais, típico do ISS PRO 98 (actual pro evolution soccer) no que aparecía coas chichas cadradas totalmente pixeladas. Taribo West!!!
    http://sp7.fotolog.com/photo/55/11/64/nigeria_football/1225322570117_f.jpg

    Últimamente, vexo que non hai moito comentario destas ‘ratas’. Propónhoche novamente o tema que che deixei no mail sobre o voso presi. Toda unha incógnita no mundo balompédico.

  2. doRCCV Escribiu:

    Reenviado! creo que desta vez foi.

  3. lucense Escribiu:

    putos turkos do carallo fillos da putana