Drogadicto social

5 de Novembro do 2012 publicado por o traveseiro

O músico británico, e grande futboleiro, Rod Stewart, confesou a pasada semana durante a presentación da súa biografía que adoitaba a consumir cocaína por vía anal. Amodo, non é que a aspiraba polo cu, como Camilo José Cela coa auga, senón introducíndoa en pequenas cápsulas a modo supositorio. “Fun un drogadicto social”, seica dixo. Mágoa que aproveitara tamén para desterrar a magnífica lenda que dicía que en certa ocasión tivo que ser ingresado nun hospital por inxesta masiva de seme.

Cantos futbolistas retirados darán a cara coma el e confesarán dunha vez por todas que consumían farlopa por vía anal, rectal, intravenosa e até polas orellas? Por unhas autobiografías de deportistas serias e coherentes XA!

 

Arquivado en Chámalle X | 3 Comentarios »

3 Comentarios

  1. doRCCV Escribiu:

    Por un post sobre a suposta acollida do Depor á concursal XA!

  2. Mr Tichborne Escribiu:

    Eu o da inxesta de horchata oírao de David Bowie…

  3. mourinhista Escribiu:

    Don Camilo (q.e.p.d.) tenía salidas cojonudas……