O Campo da Forca

23 de Novembro do 2012 publicado por o traveseiro

Estamos totalmente a prol dun nomenclator urbano galego, racional e democrático para tódalas cidades e vilas, polo que, como é lóxico no caso da Coruña, consideramos que habería que borra-lo nome de Praza de España (bautismada así no ano 1937, con toda significación dun inri antigalego para afirmaren “la sagrada unidad de la patria”) para ser nomeada como Campo da Leña, o seu nome tradicional.

Iso non implica que durante algún día ao ano se puidese recuperar tamén o nome de Campo da Forca, que era como se chamou aló polo século XVIII porque seica nese mesmo lugar aforcábase aos presos políticos.

Este oficioso nome poderíase reinaugurar co axustizamento popular do presidente Lendoiro (se a cousa remata como penso que vai rematar), así coma de outros persoeiros coruñeses da súa ralea, coma exalcaldes, banqueiros e algún que outro empresario.

Arquivado en Odioteca | 1 Comentario »

Comentarios

  1. doRCCV Escribiu:

    Hai algunha gracia factible entre ese home, os chourizos a modo forca , Lendoiro e máis a súa papada pero non me sae.

    Entón polo que contas seguramente se aforcara algún ancestro dalgún Celtarra 😛