Visca Neymar lliure!

29 de Novembro do 2012 publicado por o traveseiro

Leo no imprescindíbel Todo Sobre Camisetas que o suposto craque brasileiro Neymar Da Silva acaba de apresenta-la súa propia marca “para explotar comercialmente su imagen”. E que mellor maneira de estoupala

…que deseñando un logotipo cuspidiño (alomenos dende a nosa delirante ollada) ao anagrama de TERRA LLIURE, aquela organización armada independentista catalá que actuou alá polos oitenta e que, entre outras movidas, deixou a Federico Jiménez Losantos medio coxo.

Un Fedeguico que ademais é fervente madridista, polo que pregamos a Neymar que se ten os collóns que lle faltaron ao seu impotente padriño Pelé para xogar en Europa, que fiche polo Madrid… e remate a faena! Neymar armat, Neymar respectat!!

Arquivado en Cuspidinhos | 5 Comentarios »

5 Comentarios

  1. doRCCV Escribiu:

    O meu total apoio á proposta!

    E ademáis proponho algo similar pra que venha algunha nova fichaxe a un clube galego e remate a faena de NÓS-UP contra Galicia Bilingüe.
    Nova fichaxe apoiado, Nova fichaxe respeitado!!

  2. Princi Escribiu:

    Pobre Fede, tan enano que a bala lle foi dar na perna e non mais arriba.
    Por certo amigo traveseiro, coñecín fai pouco unha historia tua sobre o teu nome. Todo o meu respeto!!! Unha aperta.

  3. O Traveseiro Escribiu:

    En realidade non foi un atentado. Secuestrárono, atárono a unha árbore e lle pegharon un tiro de advertencia nunha perna. Se quixeran liquidalo xa teríano feito.

    E Princi, aínda que non sexa campo obrigatorio, se tal deixa un enderezo de correio electrónico para comentar esa e outras lerias, que non sei se o que teño no directorio o tes operativo.

  4. Princi Escribiu:

    Aproveito para felicitar ao amigo doRCCV polo fenomenal ambiente da sua grada grada no partido de copa, a lo menos 50 “persoas” animando ao Celta.

  5. doRCCV Escribiu:

    Princi, grazas pola felicitación.

    Tan só 50 e de seguro que non botarían a correr bochornosamente 😀