Sergio Stalinrramos

4 de Decembro do 2012 publicado por o traveseiro

Seguimos coa xeira de parecidos chorras, e desta vez tócalle a quenda ao inefábel Sergio Ramos. O defensa do Madrid, que seica chamou feo a Diego Costa durante o derbi madrileño, non se decata de que é medio birollo, ten trazos equinos e que, segundo nós, tamén un aire con Iósif Vissariónovich Dzhugashvili, ou sexa, con Stalin de mozo. Velaquí a proba.


O parecido non é só físico. En 1950 a Unión Soviética dirixida por Stalin estivo a piques de lanzar cosmonautas en voos suborbitais por encima dos cen quilómetros de altura, a tradicional (e subxectiva) fronteira do espazo. Máis de sesenta anos máis tarde, Sergio Ramos fixo o propio cun balón lanzado dende o punto de penal nunha quenda perante o Bayern Múnic.

Visto isto… para cando renomear a localidade natal do futbolista, Camas, coma Ramosgrado? “O Exército 62 defende Ramosgrado, Chuikov está ao mando. Exército 62 defende Ramosgrado, por Lenin, por Ramos, polo proletariado!!”

Arquivado en Cuspidinhos | 3 Comentarios »

3 Comentarios

  1. doRCCV Escribiu:

    Hai anos fora Puto Guti o que lle chamara feo a Raul García do Osasuna.
    A quen se parecería? Lenin coma que non e nada que ver.

    Atopei unha foto de ámbolos http://www.colchonero.com/media/galeria/4/7/0/5/6/n_atletico_de_madrid_humor-26507.jpg o que ven a ser algo así coma isto

    http://www.colchonero.com/media/galeria/4/3/5/2/0/n_atletico_de_madrid_varios-100253.jpg

  2. Tonho Randeeira Escribiu:

    Moi bo. So falta que Mencer Vermello o contrate.

  3. Rinat Rafaé Escribiu:

    Camarada Ramos, presente!!!