“O Berro” de Manuel Pablo

20 de Decembro do 2012 publicado por o traveseiro

Acho un ar no desgarrador cadro do noruegués Edvar Munch, “O Berro”, cunha imaxe de Manuel Pablo García durante un adestramento no Old Trafford de Manchester, fará coma unha década. A mesma faciana desencaixada que puxen eu cando coñecín da renovación do suxeito por un ano como futbolista e unha morea máis traballando no organigrama do clube.

Aínda queda por saber cal é o papel que vai desempeñar tras colgar as botas, porque nin el o sabe. En principio di que quere ensinar aos máis xóvenes todo “lo que he aprendido” nestes anos. Ou sexa, como centrar ao boneco, perder a posición, desfacer fóras de xogo… Vamos, non lles vai ensinar nada porque Manuel Pablo é un auténtico pescao, que leva quince anos no Deportivo e tan só rendeu notabelmente dúas tempadas e media. Iso si, levándose un bo pastizal.

A nosa proposta subnormal do día é que, cando morra, expoñan os seus restos embalsamados xunto a versión máis famosa do cadro, na Galería Nacional de Oslo, ben lonxe de aquí.

Arquivado en Cuspidinhos | 6 Comentarios »

6 Comentarios

  1. evaristo Escribiu:

    el curuña se va a segunda

  2. doRCCV Escribiu:

    Unha década despois desta obra de arte, presentamos…’O sorriso’ de Manuel Pablo. http://p2.trrsf.com/image/get?src=http%3A%2F%2Fimages.terra.com%2F2012%2F12%2F11%2Fmanuelpablorisas.jpg&o=cf&w=619&h=464

    Quero engadir que tamén pode ensinar a como defender e recular sempre ata o pico do área. Os rivais poden estar pegado á banda que é vai estar reculando cara o pico do área, moi boa esa pra evitar que centren sí.

    Pois menudo panorama que ten o Depor enriba. E nós coas conhas só estamos a 3 puntos (cun partido menos) cando deberíamos estar a algún máis por puntos tontos que se nos escaparon (Málaga, Raio, Levante, Granada, Betis…).

    Incompresible esa renovación pero sobre todo planificación pra esta tempada. Demasiados portugolos ‘enchufados’ no Depor e cedidos. O tema de Oltra e Lendoiro xa é pra darlles de xantar aparte….bueno, a Lendoiro é evidente.

    Minha proposta subnormal é que non tódolos restos de Manuel Pablo vaian pra Oslo…a súa tibia que fique como ‘trofeio’ nas vitrinas(?) do Celta xunto a Intertoto.

  3. Princi Escribiu:

    Non me gusta este post. Non deberiamos facer mofa da xente con retraso mental evidente.

  4. Chajo Escribiu:

    Mólame moito este blog, pero acho este post algo fóra de lugar a verdade…manuel pablo foi un gran xogador do depor e merece máis respeto, penso eu.

  5. Princi Escribiu:

    ¿mais respeto ca que? O unico mais lamentable que existe e que leva o seu nome e a sua peña dxtivista,museo dos horrorres viaxante.

  6. o traveseiro Escribiu:

    Chajo, aquí non temos moito respecto polos futbolistas profesionais, mais neste caso aínda menos. Esquecín poñer no post a achega de doRCCV, Manuel Pablo escarallándose no Calderón namentres quentaba e perdiamos de malleira. Por moito que diga que lle gastaron unha brincadeira non é escusa, vaia exemplo de capitán!

    Dá mágoa ver coma exfutbolistas con licencia de adestradores e coñecementos de sobra para traballar no clube, non teñen sitio porque conta máis o amiguismo e clientelismo, e que teñamos que aturar Depor Vida a un tipo como Manuel Pablo, que non ten carisma nin nada.

    De tódolos xeitos, graciñas por comentar.