Os nosos leitores queren leite…

31 de Decembro do 2012 publicado por o traveseiro

…pois darémoslles leite. Pero de calidade, da mesma que bebe tódalas mañás Cristiano Ronaldo para estar ben forte e san, e meter logo moitos goles.

Un grande vaso dela ben quentiña vai para o noso LEITOR e comentarista máis fiel, á par que varas, doRCCV, que así nolo solicitou (“contento doRCCV??”). E unha xarra enteira para Antihéroe, que sei que gosta do leite ben branco pois para iso é do Real Madrid e se papa tódalas noites Punto Pelota. Para que logo non diga que non nos lembramos del a pesar de que xa non se deixa caer por aquí.

E por favor, non ser egoístas e deixádelle pegar un grolo a Evaristo, ese novo que comenta. Máis que nada para que se vaia afacendo ao sabor, pois é o que lle queda se pretende vir en plan ultraviguista resentido. Para o resto, licor café e crema de oruxo.

En fin, que non entraba nos meus plans publicar un derradeiro post do ano, e menos así, mais xa o dicía o Zeca Afonso, “o povo é quem mais ordena”. Así que sen outro particular, despídome de vós até o ano que vén.

Arquivado en Chámalle X | 8 Comentarios »

8 Comentarios

  1. doRCCV Escribiu:

    Mmmmmmm e vaia se estou contento Travis! ^^

    Evaristo, que chega como dicía Alejandro Sanz, “pisando fuerte” dígoche unha cousa: xa o reza o título do blogue así que afaite óque hai se non vas quedar sen grolo de leite, licor café nin oruxo.

    Bo DousmilTRECE(nacendo un Martes e 13 este ten que ser meu ano ou??) e moitas grazas por satisfacer o meu apetito traveseiro.

  2. kobense Escribiu:

    Evaristo pailaroco!

  3. kobense Escribiu:

    Que en la Galicia se fala galego! no deberia por aquí, pero así tamén teño protagonismo

  4. Princi Escribiu:

    Cada liña que ia lendo pensaba: “Agora falará de min”. Non ocorreu, fico triste.

  5. doRCCV Escribiu:

    Princi, se che sirve de consuelo, mentou a Antihéroe, a Evaristo (suponho que non te compararás con ningún destes) e ó seu leitor máis fiel, á que paras o cal lle esixiu un último post anual.

    Xa volo dixo hai ben pouco Travis…http://otraveseiro.blogaliza.org/2012/11/15/o-celta-da-coruna-outra-parida-de-marcatv/

  6. evaristo Escribiu:

    A mí nadie me dice el tema de como saber vivir. ostia.

  7. O Traveseiro Escribiu:

    @doRCCV:
    Alédome que che prestara. Ademais é de grande calidade… ou iso din os estudos científicos, que o seme dos coruñeses está entre os de mellor calidade de todo o mundo.

    @Princi:
    Xa dixen que para o resto había licor café e crema de oruxo. Queredes todo!

    @Evaristo:
    Di que si. Aquí o único autorizado para dicer como “Saber Vivir” é Manuel Torreiglesias.

  8. doRCCV Escribiu:

    Que me vas contar do seme! non son L.A. Coruñés pero sí da provincia e pódoche asegurar que….’fecundo largo’…e non a moción.