A mascota Özil

31 de Xaneiro do 2013 publicado por o traveseiro

Na traxectoria oficial do futbolista do Real Madrid Mesut Özil figura que fichou nas categorías inferiores do Schalke 04, equipa da súa localidade natal, en 2005, omitindo un relevante dato que destapamos nós agora.

Özil, antes de ser futbolista profesional, gañábase de neno os garavanzos actuando como mascota, como demostra esta imaxe súa abrazando (ou algo máis!) agarimosamente ao mítico Olaf Thon na súa segunda etapa no Schalke, en 1996.

Arquivado en Adefesios, Cuspidinhos, Idas de olla | 2 Comentarios »

2 Comentarios

  1. doRCCV Escribiu:

    Con eses ollazos, ten que ser impresionante ver a Ozil baixo os efectos do ácido lisérxico. Máis agora que falas do tema, prestaría bastante xuntalo coa ‘mascota do Espanyol’….ai! Ozil, pero que ollinhos me traes fillinho!

  2. evaristo Escribiu:

    Olaf Thon o David Bernabéu???

    http://www.google.es/imgres?imgurl=http://1.bp.blogspot.com/-r3PZL6FuYww/TvBLg8zjb2I/AAAAAAAAAR4/Lgy2m8bBlGk/s1600/image.jpg&imgrefurl=http://www.123people.com/s/david%2Bbernabeu&h=466&w=500&sz=31&tbnid=OoPQS-RNmNGXVM:&tbnh=90&tbnw=97&zoom=1&usg=__jKpQ-JXfIIdvCezK7sUsr2uf9o0=&docid=ZDFvjLYP9EpI-M&itg=1&hl=es&sa=X&ei=1RILUeaJOsuY0QX8voGYAQ&ved=0CDQQ9QEwAQ&dur=684