Cheryshev Fashion Week!

22 de Febreiro do 2013 publicado por o traveseiro

O sempre hostiábel deseñador de moda Karl Lagerfeld fixo hai pouco unhas declaracións que crearon unha forte polémica malia ser grandes verdades. Por un lado cualificou como gorda á cantante británica Adele e por outra que os rusos eran feos. Concretamente declarou que “si fose unha muller rusa, sería lesbiana: os homes son extremadamente feos, aínda que hai algunha excepción como o noivo de Naomi Campbell”. Porén, segundo a web de citas de elite para xente guapa beautifulpeople.com, os rusos son os máis rexeitados, todo sen saber aínda que tamén cheiran a pés. Alomenos iso di a faladuría popular.

Esta obviedade corroborámola ao ver a foto de Dmitri Cheryshev e do seu fillo Denis (primeiro ruso en xogar co Real Madrid) nunha foto tirada hai coma dez anos, na cal tamén podemos olla-lo penoso e charramangueiro aspecto do pai. Esas noxentas pintas xa eran horrendas e estaban desfasadas xa hai unha década, polo que non hai escusa que valga.

 

Arquivado en Adefesios | 4 Comentarios »

4 Comentarios

  1. evaristo Escribiu:

    Sólo los cobardes necesitan de la mentira para eludir la realidad

  2. doRCCV Escribiu:

    Cheryshev, o ucranio Nikiforov e o outro ruso, Lediakhov….como me gustaba Lediakhov, a pesar do que opina Karl Lagerfeld ^^

  3. Princi Escribiu:

    Eses tres estaban no Molinón o día que o ídolo do Celtismo (outro ruso) rexeitou seguir xogando o partido co Celta. Grandes lembranzas que se axigantaron co paso do tempo e a elevación de Mostovoi ao altar do celtismo.

  4. Julianne Wynn Escribiu:

    Levamos un par de meses (dende o 24 de febreiro, Día de Rosalía) cun proxecto aberto, o Canta Rosalía , que nos levou a achegarnos á obra en castelán da poeta. O motivo era empredrar o vestíbulo desta entrada. A mágoa é que certos agradables imprevistos (a publicación da primiera novela dunha servidora) impediron que profundáramos todo o que quixeramos nel, falándovos dalgunhas novelas de Rosalía como El caballero de las botas azules o do peliñoscrechos (neoloxismo maleducado) Follas novas, mais hoxe non podiamos deixar de rematalo cunha entrada de benvida a Rosalía na nosa colonia Lecturas en femenino e unha galería de imaxes con fragmentos de Cantares gallegos en Facebook lista para compartir para celebrar o 150 aniversario da súa publicación neste 17 de maio, día para lembrar tamén a Roberto Vidal Bolaño , creador que medra engrandecéndose no mundo do teatro galaico. E vós, con que fragmento rosaliano vos quedades?