Santo ceo! Unha camisola do Depor en galego

7 de Marzo do 2013 publicado por o traveseiro

Non sei como puido acontecer, pero este deseño de camisola en galego (incluído nome legal da cidade!) logrou pasar tódolos filtros españolistas do consello de administración, imprimirse e até poñerse á venda na tenda oficial do clube.

Levarían un gholpe na cabesa ou por fin están a caer da burra de que o Deportivo é un equipo galego e isto é o que demanda a grande maioría dos afeccionados deportivistas? Será o primeiro caso.

Por certo, que a miña mestra de literatura galega do instituto tamén estará contenta polo feito de que pon “de A Coruña” e non “da Coruña”, algo que lle obsesionaba sobremaneira até o punto de obrigar a corrixilo con lapis dos libros de texto, non só neste caso, tamén de tódolos topónimos que levasen un artigo diante.

Arquivado en Chámalle X | 5 Comentarios »

5 Comentarios

  1. evaristo Escribiu:

    Ese era el nombre el año pasado. Este año es el Deportivão da Cruña

  2. o traveseiro Escribiu:

    Em tudo caso Desportivo da Corunha.

  3. doRCCV Escribiu:

    Xa lle podían quitar a bandeira galega do escudo. Pegaría máis.

  4. comiK.O. Escribiu:

    Pois a túa profe estaba errada! 😛

  5. Cipomonkey Escribiu:

    “clube” era moito pedir, como tamen seria moito que fose nunha camisola wapa, non nese truño de manchas sen xeito…