Camisola para coñecedores

18 de Maio do 2013 publicado por o traveseiro

Fochicando pola internete acho que un fulano de Irapuato, do estado de Guanajuato (México) vende unha camisola do Deportivo dos anos noventa da marca Umbro por 399 pesos, que seica veñen sendo arredor de 25 ouros.

A miña primeira impresión ao ver as fotografías do artigo foi un “Pero que coño?!”. Resulta obvio que esa camisola é branquiazul e semella, agás sexa imitación, que é da marca Umbro, pero de ningunha maneira foi vestida endexamais polo Deportivo, e moito menos polo “alemán Reinhard Kaufman” (!?). Esta reliquia (como así a define o vendedor) é da talla CH/12 e está “en perfecto estado, sin decoloro, sin hoyos, jalones, bolitas, sin detalles”. “No te la pierdas, llévatela ya”, prosegue. Para remata-la faena di que é “para coleccionistas y CONOCEDORES “.

Por casualidade alguén poderíame dicer a canto ascenden os gastos de envío dun sicario a este estafador para que lle deixe a cara decolorada, con hoyos e jalones, e paterarlle as bolitas sen entrar en detalles?

Velaquí tedes a ligazón a este despropósito.

Arquivado en Chámalle X | 2 Comentarios »

2 Comentarios

  1. Undeiquí Escribiu:

    Impresionante documento. Falsa de toda falsedade e, aínda así, máis bonita que as merdas coas que Lotto, Canterbury e Joma nos teñen insultado.

  2. doRCCV Escribiu:

    Estou con Undeiquí, falsa a máis non poder. Pero eche ben máis bonita que calquera merdallada das últimas 10 camisolas do Depor.

    Abaixo na ligazón ten pra facerlle algunha pregunta. Son tantas as que faría…tempada?? Facemos porra?? do 91.