A feira cabalar

31 de Maio do 2013 publicado por o traveseiro

A pasada semana tivo lugar en Compostela a famosa Feira Cabalar de Amio, que contou con milleiros de asistentes como é costume e coa presenza de setenta equinos. Unha mágoa a ausencia obrigada polos compromisos deportivos do madridista Sergio Ramos, porque de seguro que algún premio se levaba na categoría de concurso morfolóxico e quen sabe se tamén na de cabalos cruzados. Unha mágoa como digo porque para algo que podía gañar este ano…

De tódolos xeitos, o mundo do fútbol estivo ben representado co que fora futbolista internacional austriaco e actual técnico do  Austria Viena, Peter Stoger.

E falando de competicións, tamén estes días disputouse en Cambrills (Tarragona) o XI Torneo Internacional de Fútbol 7 para policías, no que participaron un total de trinta equipos. O campión resultou ser o equipo da Policía Local de Arteixo, que gañou a pesar de que non contaba con apoios na vila coruñesa, xa non pola inseguridade cidadá, senón que namentres estes estaban por terras catalás os bares arteixáns baixaron considerabelmente os seus ingresos.

Arquivado en Adefesios | 10 Comentarios »

10 Comentarios

  1. Princi Escribiu:

    Os policias locais do meu barrio sempre saudan igual: “Suso,unha botella e 3 vasos”. Suso é o taberneiro do bar mais merdento e anti-culé do barrio, a botella é de viño da casa e a furgona fica mal aparcada diante dun vado. A miña solidaridade coa hostelería Arteixán.

  2. doRCCV Escribiu:

    Desconhezo a vida taberneira dos Policías locais daquí de… Sei o xusto. O Local que está sempre diante do ‘Aldi’ co dos cupóns, a que con 30 ou poucos máis non para de ter fillos ou o moito que se tocan os cullós tódolos localetas.

    Pero o que sei ben, é que quitando altos mandos da Garda Civil, Nacionais, etc, son os policías que máis cobran de toda Espanha. Incluso máis que os marbellís. Agüita Camarón!

  3. Antonio Escribiu:

    Buenas risas me sigo pegando en este blog. Larga vida a él y a Valerón! Hoy se hace uno un poquito más viejo.

  4. doRCCV Escribiu:

    …Grazas e sorte pra o ano, que moita vos fará falta.

  5. Princi Escribiu:

    Sorte pra vos que tamén a ides necesitar

  6. o traveseiro Escribiu:

    Sorte tamén para o Grixoa, Arousa, Choco, Boiro e Areas.

    Antonio, non son apodos de activistas de Resistencia Galega, son los nuevos equipos ascendidos a la Tercera División Galega. 😉

  7. doRCCV Escribiu:

    E pra o Celta b que si ascende estaremos máis preto de ter der…’clásico galego’.

    Resistencia Galega? Uuummm de algo me soa.

  8. Diego Santin Liberdade Escribiu:

    e do descenso de korunha non falades? tanto guti e tanta polla, ainda vas ser julandra neno…

    resistencia galega

  9. o traveseiro Escribiu:

    Acho que a parte de homófobo (e galeguista de pastel) non se decata vostede da película, así que lembrarei unha vez máis que… este blogue NON É DO DEPORTIVO, nin sequera do fútbol galego, así que non temos porque falar do descenso dun equipo en concreto (moito menos se non existe -korunha?-) se non o cremos conveniente.

    Obrigado pelo seu comentário!

  10. evaristo Escribiu:

    Comentan las malas lenguas que al autor del blog le ha dado un patatazo mientras jaleaba al tres veces descendido Juan Carlitos Valerón (y a segunda división)