Até o 40 de Maio non te quites o chaleco antibalas

11 de Xuño do 2013 publicado por o traveseiro

Augusto César Marcos, fillo primoxénito do presidente do Deportivo, home con tres nomes e que comparte acrónimo coa Associació Catalana de Municipis e coa Asociación de Celiacos de Madrid, datos de vital relevancia… acode aos partidos do Fabril (para os modennos Deportivo B) no palco (?) do campo de Abegondo provisto de chaleco antibalas.

Esta prenda, de seguro que mercada a prezo de ouro en Hierro y Albero ou nalgún antro do estilo, protexe do posíbel impacto de proxectís no seu peito e abdome. Que por que non leva protección na testa? preguntarédesvos, pois porque tanto el coma o seu pai e o resto dos conselleiros do Deportivo teñen a cara tan dura que nen sequera unha bala de prata faralle dano algún.

Con estes modelitos, como ese raquítico xersei, pantalóns de pinzas remangados por abaixo e sen calcetíns como de ir pescar panchos, mocasíns… Lendo Jr. pasa totalmente desapercibido por Praza de Vigo e Rúa Juan Flórez, pero que non se achegue así por Labañou, Agra do Orzán ou A Sagrada porque pode levar as do pulpo. Nin o chalequiño de marras o salvará.

Por certo, aguantando a respiración mergulleime un pequeno intre polo facebook de Hierro y Albero. Velaí vos deixo esta recomendación para o pasado San Valentín. Por favor, vomitade por dentro.

“Ideas para San Valentín:
Complementos para caballero con un detalle muy español. Las billeteras y tarjeteros de piel!
Para ella como para él, llaveros con motivos ecuestres… Ideales verdad?
Pulsera para ellas. Hemos elegido la fucsia color del capote y la de banderitas españolas…son monísimas!”

 

 

 

Arquivado en Adefesios | 11 Comentarios »

11 Comentarios

  1. Pableras Escribiu:

    Alá foron o filete e as patacas! Síntoo, non me puiden conter…

  2. doRCCV Escribiu:

    Xa logo ten máis nomes que Andrade.

    “un detalle muy español. Las billeteras y tarjeteros de piel!” Un detalle moi espanhol de esa calanha(e do resto tamén)…billetes e tarxetas sí.

  3. O Traveseiro Escribiu:

    @Pableras: Bos ollos che lean!

    @doRCCV: Que agardabas? Un cinto para levar a chave inglesa e o martelo? 🙂

  4. doRCCV Escribiu:

    Jajajaja acábasme de matar con ese comentario, que boa. 😀

    Referíame ós billetes e tarxetas usados enriba da propia billeteira, por aí van os ‘tiros’.

  5. Princi Escribiu:

    Labañou xa non é o que foi,iso si, ainda quedamos algúns con gañas de rebentarlle o chaleco a xentuza coma esta. Ate nos puseron un museo no barrio,un xa non pode ir por ahí dicindo que viviu sempre en Labañou e nin está morto,nin no carcere nin en Centro Reto. Xa non ten mérito.

  6. O Traveseiro Escribiu:

    Ollo, non é un museo calquera, é o Nacional (español) de Ciencia y Tecnología.

    Visiteino a pouco de abrir e pareceume interesante, alomenos a xente culta coma min. O mellor, o trato e a atención d@s guías, sobretodo unha que me enfeitizou 🙂

    O pior, un sidecar de 1954, non pola máquina en si, senón porque pertenceu á garda persoal de Franco, e que non poñían de comer e beber.

  7. Antonio Escribiu:

    ¡Pableras sigue vivo! Ya sólo falta que aparezcan por aquí Estoja y Capitán(tan) Argento.

    ¡¡¡Y Antihéroe!!!

    (Fernando) Hierro y Albero es de estas marcas que ponen de mala leche. Como Spagnolo, que es un nombre comercial al que no he terminado de encontrarle el sentido.

  8. Antonio Escribiu:

    Jugamos en 1ª Regional, somos daltónicos, nos vestimos de Spagnolo y nos damos un paseíto por el mar con la moto de nuestro colega el que puso un puti.

    http://www.spagnolo.com.es/tienda/

  9. o traveseiro Escribiu:

    Antihéroe no se fue del todo, anda por ahí, entre bastidores.

    El único Spagnolo que molaba era el del Genoa.

  10. evaristo Escribiu:

    El curuña en segunda división como las patacas

  11. Estoja Escribiu:

    @Antonio:
    Yo también estoy por aquí 🙂
    Saludos a todos.