O clube decano

22 de Xullo do 2013 publicado por o traveseiro

Co gallo da nova do centenario do Ribadeo FC venme á memoria outro clube galego que xa celebrou cen anos de vida, o CD Coia. Seica os seus dirixentes teñen o convencemento de que este equipo é o máis antigo de Galiza, como así nolo amosan no cabezallo da súa web oficial.

Choca bastante cando é por todos e todas sabido que o clube máis antigo do País é (namentres non o liquiden) o Deportivo da Coruña. Como moito poderían presumir de seren o segundo pero, vaia, tampouco vai poder ser porque este lugar ocúpao dende 1908 o oleirense Unión Campestre de Montrove. Ou sexa, que se non aparece outro por aí o CD Coia estaría no terceiro chanzo das entidades futboleiras galegas.

Cabe a posibilidade que estea a mete-la pata e que alardean de ser o clube decano pero porque non sexa un clube de fútbol senón doutro tipo de actividade. Se é así prego nolo fagan saber.

Salientar para os que ven a palla no ollo alleo e non a viga no propio a castelanización do nome da entidade, porén o do barrio vigués onde se radica, e o do terreo de xogo (La Bouza). Deberiamos falar tamén do cutre deseño e tipografía do emblema da entidade pero iso é fariña doutro costal.

Arquivado en Chámalle X | 3 Comentarios »

3 Comentarios

  1. Evaristo Escribiu:

    Bueno pues un servidor de Dios ya se ha comprado el traje y la corbata para el entierro del Coruña. Sólo falta que nos digan la hora para ir a echar unas risas. Coprofagia, ludopatía, alcoholismo, zoofilia y antideportivismo son mis cinco pasiones y hoy espero llevarlas hasta el extremo. La ambiguedad del delfín es obsoleta con la procreación.

  2. Princi Escribiu:

    Garda o traxe e a garabata pra otra situación mellor. O funeral de M.Pablo por exemplo.

  3. Evaristo Escribiu:

    No verán mis ojos sino llorar la cruel desdicha del bástago del acueducto….riau