Vainos a caer o pelo

19 de Setembro do 2013 publicado por o traveseiro

Non é que nos preocupe excesivamente e de xeito literal menos, non somos como o exfutbolista Alfonso Pérez Muñoz e tantos outros homes obsesionados coa súa involución capilar até o punto de que se fan inxertos de cabelo.

“Qué bonito, qué bonito son los pelos de Arfoncitoooo”

O caso este ademais resulta bastante coñeiro porque lembro que hai anos era a imaxe dunha coñecida multinacional española (con nome de porteiro sueco de balonmán) de tratamentos contra a caída do pelo. Vendo do que lle valeu queda claro que ou os tratamentos desa empresa son un puto timo ou Alfonso non se botaba as “ampollas” debidamente pola cachola.

Con esta estupidez queda inaugurado o curso académico do blogue e pido perdón pola inactividade e polas case nulas visitas a outras bitácoras amigas. O feche do Google Reader foi unha grande putada para todos. Saúde!

Arquivado en Adefesios | 11 Comentarios »

11 Comentarios

  1. doRCCV Escribiu:

    Como coas míticas Joma Alfonso(pronunciado como Yoma) brancas, ten que manterse na vanguardia da súa idade. E pensar que as tiven en varias cores xunto coas Donato, Aragón e algunha Joma máis…

    Curioso que unhas botas negras sexan o raro no fútebol actual. Gustavo e a súas Munich.

  2. drugo21 Escribiu:

    tio a ver se actualizas mais a miudo que eu me aburro moito na casa

  3. doRCCV Escribiu:

    Os leitores queremos leite!

  4. O Traveseiro Escribiu:

    @doRCCV:
    Acaba de caer un mito. Ti con botas de cores? As miñas primeiras botas interesantes (á marxe das míticas Marco) foran unhas Adidas Argentinas negras coas bandas amarelas. Se as coidabas duraban, pois tan só había que trocar os tacos cando se gastaban.

    @Drugo21:
    A idea, que non sei se serei capaz de levala a bo porto, é publicar tres veces por semana. Veremos a ver.

  5. beto Escribiu:

    No titular hai unha preposición indecente.

  6. O Traveseiro Escribiu:

    Certo Beto, non me decatei, mais xa non a corrixo, fica así. Diremos que é a A de Arfonzo.

  7. Antonio Escribiu:

    Queda más andaluz lo de poner “Arfoncito”, aunque en realidad en los campos de fútbol andaluces se tiende más al seseo: “Vamo, vamo mi Sevilla, yo te llevo dentro de mi corasooon”. Pero ponlo como te dé la gana, faltaría más.

    Sobre las botas de colores, las primeras que vi, las blancas de Savicevic en el 4-0 del Milán al Barça. Después la selección de Camerún en Francia’98, con todos los jugadores con Pumas de colores.

    Y en cuanto a las Joma Alfonso, hubo unos años en Sevilla en que se veían, además de las clásicas blancas y verdes, algunos modelos horribles que iban desde el plateado al a cuadraditos marrones y negros, pasando por el dorado e incluso el beige. Un mojón.

  8. Antonio Escribiu:

    Por cierto, ayer estuve reflexionando. Hace años que ya no me gustan ni me interesan las conversaciones sobre fútbol (que si éste juega así o asá). Sólo me ilusiona hablar de fútbol cuando es para recordar historias del pasado.
    Será cosa de la edad.

  9. O Traveseiro Escribiu:

    @Antonio.
    A mí solo me interesan de las conversaciones de fútbol las paridas que se escuchan. Ya se sabe… “de fútbol y medicina todo el mundo opina”.

    Y deberías retomar tu blog, lo digo totalmente en serio

  10. Evaristo Escribiu:

    No sin más dilación quiero mandarle un abrazo a mi amigo julio cotrofe

  11. doRCCV Escribiu:

    Travis, evidentemente, antes das Joma calzei unhas Marco (quen non as tivo?) e incluso unhas clásicas Cups do Alcampo. As botas de cores eran a novidade. E por suposto, falo de botas de fútbol sala que é o meu.

    E curioso que no fútebol actual o raro sexan as botas negras. Gustavo López e as suas Gresca.