Lendoiro, na procura de petróleo

1 de Outubro do 2013 publicado por o traveseiro

En certa ocasión un amigo contoume que hai anos tiña pegada na parede unha foto do rei de España previamente arrincada dunha revista (coido lembrar que dun El Semanal ou polo estilo). Este rapaz non é monárquico nin juancarlista nin nada diso, pero facíalle bastante coña o pé de foto na que Juancar aparecía cos ollos vermellos. A frase, que este compañeiro subliñou cun rotulador, dicía algo así como: “Su Majestad se presentó ante el fotógrafo con los ojos rojos por culpa de los vapores de una pintura ignífuga”.

Todo o mundo suporía o por que deses ollos vermellos e o último que se nos ocorrería é maxinar a este tipo pintando unha habitación ou barnizando un moble. Nin sequera supervisando eses traballos. Mais o papanatismo dalgún medio de comunicación chega a tal estremo que acaban provocando a risión máis absoluta, como é este caso.

No xornal deportivo MARCA (outra vez!) tamén fanche igual. Nos pés de foto teñen a manía de, cando nomean a alguén, poñer entre paréntese a idade do nacho que sae na foto. Moi útil ás veces para saber a idade dos deportistas e persoeiros varios pero chega un intre que xa cansa. E logo tamén está, como co primeiro dos españois, o de ocultar o evidente…

Velaí temos o caso do noso caro amigo Lendoiro, que “hace un gesto con la mano”. Non, si un xesto fai, non hai dúbida, pero omiten o evidente, que ese aceno é para sacarse cacolas, godechas, pelotiñas… do nariz. Falta por saber o destino final dos mocos, si se os come botándollos ás tortillas desas de 20 euros que se papa, si os pegha debaixo da butaca ou simplemente tírallos aos socios acomodados na bancada inferior.

De tódolos xeitos, opino que o pé de foto ideal para que racháramos o cu coa risa sería: “Lendoiro (68), debido a la delicada situación económica del Deportivo, busca petróleo hasta en sí mismo”.

P.D.: O señor da garabata vermella semella estar ollando para a “porra” do segurata.

Arquivado en Chámalle X | 2 Comentarios »

2 Comentarios

  1. doRCCV Escribiu:

    Un pouco de verde pra o glaucoma de Juancar.

    O da idade das fotos de Marca tamén me da que ver. Pero dame que ver moito máis a cor do paisano da dereita de Lendo. Con rasgos completamente occidentais máis unha cor do África profundo, de Zambia.

  2. Antonio Escribiu:

    El de al lado es Jean Reno