Zapato marrón, a peor solución

8 de Outubro do 2013 publicado por o traveseiro

Hoxe esperteime coa nova que Xosé Luís Uhía, alias Piscis, adestrador do Arousa SC, actual líder do grupo galego da Terceira División, leva dende o pasado 27 de Xullo dirixindo todos os partidos do seu equipo coa mesma indumentaria. Non sería noticia e pasaría desapercibido se non fose porque non é o clásico chándal ou polo do clube.

O atuendo consiste nun polo de cor azul claro con raias finas horizontais, pantalón tamén azul, pero mariño, e zapatos marróns. Persoalmente paréceme bastante charramangueiro, sobre todo polos zapatos, aínda por riba de cor marrón que non lle peghan nin con cola.

Polo demais respéctoo porque cada un viste como lle dá a gana, mais teño que dicer que, preguntado polo caso, Piscis semella incoherente nas súas palabras. Primeiro di que é crente, pero non supersticioso, que está a pór esa roupa porque gosta dela, non porque lle dea sorte. Pero logo se contradí ao afirmar que non pon chándal porque “as dúas veces que o puxen nun banquiño custoume dúas derrotas, en partidos importantes, e díxenme entón que non mo poñía máis a non ser que me obrigasen”. Para rematar, asegura que no inverno mudará de roupa: “Non vou a ir en niqui”. Claro que non, Piscis, é de caixón.

Co que habería que tomar medidas é co vestiario dalgúns xogadores. Ao da foto é para mandalo de cabeza á bancada. Porque unha cousa é levar as medias cubrindo o xeonllo estilo Iago Aspas (algo que tamén me repatea bastante) e outra diferente é como vai ese, que xa non se distingue se son medias ou panties.

Arquivado en Adefesios | 1 Comentario »

Comentarios

  1. doRCCV Escribiu:

    Ese estilo de levar as medias ten un nome e é estilo Thierry Henry que foi quen o fixo máis famoso.

    Caso antónimo e moi vintage os de Diego Costa (xa non tanto) e Aníbal Zurdo, que seica as leva así por uns problemas nos xemelgos como lle relatou a Álex Pareja.

    http://historiasdesegunda.com/2012/06/08/anibal-zurdo-el-gol-de-importacion/