Se Hitler erguera a cabeza…

28 de Xaneiro do 2014 publicado por o traveseiro

DoRCCV, para non variar, enviounos hai unhas semanas esta delirante secuencia de imaxes.

“Aparta puta!”

“Es para mí, hija de perra!”

Dous ultras do Sporting de Xixón (de coñecida ideoloxía neonazi) perden os calzóns ou o cu por facerse coa camisola do xogador francés de orixe martiniquesa Gregory Arnolin. Para máis amole, portan unha bandeira dos Estados Confederados.

A bandeira en si non ten porque ter unha connotación racista, de feito hai anos adoitábase a ver pendurada en valados de grupos de esquerda que a collían como símbolo de rebelión. Mais dun tempo a esta parte, alomenos no estado español, portar esa bandeira é sinónimo de racismo, co cal deixa a esos dous ultrillas en moi mal lugar dentro do seu “movimiento”.

Pode que Gregory decatouse da movida, de aí o seu sorriso, como ben apunta DoRCCV no seu correio: “O máis cómico sería que o xogador estivera a rirse sendo consecuente da patética situación dos dous ultras”.

EDITADO

A imaxe de Roberto Carlos “eu non son negro, son café con leite” agasallando a súa camisola ao polo entón líder do ultrasur, Ochaíta (non sei se o segue a ser en funcións) e apertándolle a man en plan camaradas de toda a vida.

OFF TOPIC
Leo unha entrevista no número 1 da referencial revista LUZES ao ensaísta, mestre e gurú das drogas, Antonio Escohotado. Pergúntanlle polo fútbol, e resposta:

“Xoguei moito e divírteme. É un gran ballet, mellor que ‘O lago dos cisnes’, e un espello da sociedade civil: o xogador zoupón, repugnante e sucio fronte ao creativo, con ideas, que se arrisca. Os futbolistas deberían xogar ao xadrez, porque botan o día coa Play Station e non saben saír do caneo polo lado que hai que facelo”.

Arquivado en Espanholadas | 7 Comentarios »

7 Comentarios

  1. doRCCV Escribiu:

    É que a foto resultoume demasiado cómica. Hai imaxes como a de Futre co Frente, Zárate cos Irriducibili ou unha deste ano dos Ultra Sur (creo que en Cornellá)con dous tipos de cor xusto detrás deles, que me resultan cando menos, chamativas. Pero esta lévase a palma con gran holgadamente.

    E comentando varias cousas que ficaban no tinteiro. Princi, fun hai 2 semanas á Corunha e non era por ningunha concentración relacionada coa presidencia do Depor certo jeje, se non á convocada no obelisco por varios motivos. Travis, tamén estiven esta finde de novo á minha chegada de Vigo (daría pra algunha anécdota) e tiven que aparcar se non me confundo pola túa zona, nun escampado onde lle rebentaron un cristal do coche a un colega meu, miedito que desta levaba a furgalla de meu pai.

  2. Princi Escribiu:

    Vaia secuencia,moi a altura dos retardeds que habitan ese fondo do Molinón. Lembro tamén a un recoñecido Ultra-Sur(normal) agasallando a R.Carlos cunha placa ou algo así.
    Polo menos os ultras zorragocistas son coherentes cos seus ideais racistas e cantan o de :”No querenos jugadores,jugadores de color,los queremos como Movilla,porque es blanco y español”. Fixenme famoso entre os colegas por descubrir este cantico. Tanto que me obrigaron a cantarllo a un afeccioado da Real Sociedade fai uns meses en Riazor. Fixolle gracia ao gipuchi.

  3. o traveseiro Escribiu:

    Non meu bairro xa non quedan descampados, coma non aparcáchedes en Meicende ou por aí. Había unha lagoa radiactiva?

  4. doRCCV Escribiu:

    Xa che ía comentar que tinhas o post sen categorizar máis os dous anteriores deixáchelos como estaban tamén.

    É que non conhezo moi ben aínda os límites da túa zona. A ver se non me trabuquei moito. Concretamente aquí:

    https://maps.google.es/maps?hl=es&ll=43.362242,-8.426175&spn=0.003227,0.005284&t=h&z=18&layer=c&cbll=43.362242,-8.426175&panoid=lNMHqGijjyPngygR-ZIP2Q&cbp=12,339.02,,0,0

    Lagoas había bastantes porque menudos buratos, pensei que ficaba a furgalla alí.

  5. O Traveseiro Escribiu:

    Non vas mal encamiñado, estabas na fronteira do meu bairro da Agra do Orzán, no popular Campo da Burra, a carón do Centro Cultural Ágora.

    Que se che perdeu por aí? Fuches por drogha a Katanga? 🙂

  6. doRCCV Escribiu:

    Ves, por aí andaba a cousa logo, os límites aínda nos os controlo ben.

    Así que zona de droga eh. Desta volta á chegada de Vigo parei na Corunha a xantar cuns companheiros que viven alí ó lado nunha das torres da Ronda de Outeiro. Pra facer un Vigo-Corunha na mesma fin de semana, excitación.

    E como xa che digo, na esplanada esa rebentáronlle un cristal do coche a un deles.

  7. Princi Escribiu:

    Pásache por deixar o coche en sitios coma ese. A próxima vez pregunta por Labañou, barrio acomodado case burgués da perifería coruñesa. Alí xamais rebentan cristais,somos mais de prenderlle lume ao coche, 15 no ano 2013.