Valladolid, o mellor castelán do mundo?

25 de Febreiro do 2014 publicado por o traveseiro

É por todos e todas de sobra coñecido que os afeccionados do Valladolid son do peorciño do Estado en canto a fidelidade ás súas cores e en animosidade, como na maioría dos afeccionados castelán-leoneses (agás o Mirandés e Ponferradina, baixo o meu punto de vista). Non enchen os seus campos, non viaxan, e os que si van ao fútbol ofrecen vergoñentas imaxes envoltos en mantas. Só lles falta a bata e as zapatillas.

E tamén sabiamos, ou cando menos estamos fartos de escoitalo, que en Valladolid fálase o mellor castelán do mundo. Pois vai ser que niso tamén fan o ridículo, oigan.

ANALFABESTAS RVCF

A foto foi tirada nesta pasada xornada. Nela aprézase a gaiola onde se ubican dous dos grupos ultras locais, os dereitistas Ultra Violetas e os “apolíticos” Komando Violeta. Hai outros dous grupos, de esquerdas, Frente Esgueva e Fossa Garrafoni, que ubícanse en diferentes bancadas por non se sabe moi ben que motivos pero que aínda que se xuntaran serían igualmente catro e o bombo.

Pero vamos aos da foto. Os tipos sacan unha faixa cunha lenda dirixida aos xogadores aos que esixen a que se deixen a alma no campo, que para iso eles se deixan as gorxas. Á marxe da cutrez da faixa, escrita a pulso e spray sobre papel marrón de embalar… contén unha importante gralla gramatical.

Efectivamente, ese “dejaRos” dana a vista, porque tratándose dun imperativo, a forma correcta sería DEJAOS. Ofrece pouca xustificación, a non ser que fagan como os de Extremoduro, que cando presentaran o seu disco en directo “Iros todos a tomar por culo”, Robe explicara en rolda de prensa (sen que ninguén lles preguntase polo erro) que puxeron IROS no canto de IDOS porque se non a xente pensaría que estaban TOLOS.

Queda por saber porque salientan a O de “dejaros”. Segurante represente o ollo do cu do Real Valladolid.

 

Arquivado en Analfabestas, Pregunta para nota | 3 Comentarios »

3 Comentarios

  1. doRCCV Escribiu:

    A conha é que coas bandeirolas que tenhen diante dubido que os xogadores visen moito.

    Fossa Garrafoni ubícase xustamente na esquina contraria e sí que son ben poucos tamén.

    Podo dicir de Valladolid que foi unha das cidades que máis noxo me deu se non a que máis. Máis castelana imposible. E mira que aínda tinha unha pequena esperenza no de Punkcela…

  2. cole Escribiu:

    It is very valuable answer

  3. Antonio Escribiu:

    Enorme (tú, no ellos).