Rafinha: “que me meo toda”

11 de Marzo do 2014 publicado por o traveseiro

DoRCCV mándame a captura da imaxe de Rafinha no palco VIP de Balaídos partíndose o cu tras encaixar o Celta o definitivo 0-2 do outro día perante o Atlético. En Vigo sentou como unha patada nos collóns, e é lóxico porque por aquelos lares están convencidos que Rafinha é seareiro do Celta por aquelo de cando era cativo viver en Vigo e ser fillo de Mazinho. Até bica a camisola e todo! Nada máis lonxe da realidade. A Rafinha, como bo brasileiro (agás casos contados) non é de nengún equipo. De feito, o Celta ten toda a pinta de importarlle tres pementos, como así o amosan as imaxes.

Inevitábel lembrarse nese mesmo emprazamento a Iván Campo e Roberto Carlos escarallándose durante unha chosca do Celta ao Madrid en 1999, ou de Manuel Pablo ríndose na banda de quencemento dun Atlético de Madrid 6 – Deportivo 0. Os primeiros xustificábanse que estaban a saudar ás súas respectivas donas, e o segundo que ten ese problema da risa nerviosa nos momentos fodidos. Pódese crer, porque se non é así, nada xustifica que na rolda de prensa do plantel do Deportivo neste verán na que “ameazaban” con descender ao Clube coas súas denuncias, o capitán canario saira cun sorriso de orella a orella que se estiveramos nun país do leste de Europa no canto da Coruña Manuel Pablo de seguro sería axusticiado nada máis saír á rúa.

E voltando á amor ás cores dos futbolistas do Celta, lin hai pouco nalgúns medios noseiquehostias de que Iago Falqué, futbolista vigués que xoga no Raio Vallecano, é celtista. Hai anos, cando Falqué era un neno, escoitei na Radio Galega unha entrevista ao seu pai a conto da súa fichaxe polo FC Barcelona. Este laiábase de que tivera que emigrar a Barcelona, pero que era a mellor oferta, e confirmou que moi ao seu pesar, o seu fillo ERA SEAREIRO DO DEPORTIVO, que se fixera deste equipo namorado do xogo de Rivaldo. Non vén a conto pero urxe salientar que a nai, Carmela Silva, desempeña nada máis e nada menos que dez cargos en política, pasándose polas súas partes a norma de incompatibilidades.

E para rematar, comentar que outro futbolista do Celta que poñen polas nubes polo seu compromiso cos celestes, o ferrolán Alex López, tamén é de toda a vida do Deportivo. Fontes fidelignas confírmanme que adoitaba a xogar ao fútbol na escola vestido cunha camisola do Depor co nome de Djalminha nas costas. Disque hai unha foto e pode que tente facerme cunha copia.

P.D. Coma non teño twitter, digoo aquí a pesares de que hai unha posibilidade entre un millón que o tipo vaia ler isto: O que me mangaches as zapas Adidas Spezial de ante azul mariño coas tres bandas celestes no vestiario da piscina da Casa da Auga eres un auténtico cabrón. Porque se podes permitirte pagar ese abono mensual tamén podes mercar esas zapatillas, pedazo de rata.

 

Arquivado en Actualidade | 12 Comentarios »

12 Comentarios

  1. Pableras Escribiu:

    Queremos esa foto de Alex López xa!

    (por certo, revisa o email)

  2. Michijhense Escribiu:

    Nunca vos fiedes desas imaxes que emiten pola TV xa que seguramente non fosen gravadas no mesmo momento que as emitiron e coincidiron desafortunadamente co momento do gol rival.

    Por outra banda eu o de Falqué xa o escoitara tamén. Xa podía ir vindo.

  3. doRCCV Escribiu:

    Dáselle demasiada bola a estas cousas. O notas tamén xusto pártese o cú cando nos meten o 2º ou iso mostran as imaxes. Ser non será do Celta, coma moitos outros que din que son de certos equipos e ex equipos máis non me cabe dúbida que lle ten bastante aprecio ó Celta e sobre todo, a Vigo.

    O de Falqué é algo bastante sabido, non se fala moi ben del por Vigo por ese tema bastante estendio.

    O de Álex López (o meu ‘favo’ xunto con Yoel) é igual co de Toni, que disque eran do Depor, disque. E fontes moi cercanas, bastantes, nunca tal me contaron diso. Ata a nai da minha filla foi na súa clase e nunca tal me contou, como amigos meus que se levan ben co irmán (cuspidinho) e nunca tal escoitei que fora do Depor, que puido ser. O da cami do Depor? Home, podería mandarche unha daquí do menda que tenho colgada no corcho da habita coa camisola do Depor (unha de varias prendas que tiven) ou a mochila que aínda gardo do Depor coa que ía o colexio vestido coa cami do Celta.

  4. Antonio Escribiu:

    Hombre, más raro sería que fuera con la camiseta del Ourense co nome de Mornar nas costas.

  5. O Traveseiro Escribiu:

    @Pableras.
    Recibido!

    @Michijhense.
    Google infórmame que evitaron un inicio de sesión sospeitoso da miña conta de correio. Segundo eles, o suposto pirata informático tentou acceder dende Allegan, Míchigan – Estados Unidos de América.

    Michijhense, cabrón, sal do meu buzón! 😀

    @DoRCCV.
    Ti cunha cami e mochila do Depor!? Acaba de caer un mito. Por certo, non me molou iso de “a nai da miña filla” no canto de “compañeira”, “moza” ou “muller”. Soa a separación, e iso, en xente xoven e con cativos polo medio… non é cousa agradábel 🙁

    @Antonio.
    Una camiseta del Ourense de Ivica Mornar valdría su peso en oro.

  6. Michijhense Escribiu:

    Allegan… creo que hai dous anos e medio que non paso por alí. Vese que deixei por aló semente de vencer (?)

  7. doRCCV Escribiu:

    Pois sí, de pequeno quixeronme facer do Depor pero bateron con oso duro. Épicos eses días en que ía á escola coa cami do Celta e mochila do Depor, por aqueles tempos, o pobo estaba no seu zénit (as escolas a rebentar de cativos) e vinhame o colexio casi enteiro vapulear co tema do derbi cando perdía o Celta, sufría o meu. Tamén cando ganhaba… 😀 E podo presumir de ser un equipo por entre outras cousas, precisamente non ter títulos. Todo ten a súa historia.

    Certo, boa apreciación Travis. Non estamos xuntos e tamén ten a súa historia o da minha filla, bastante cómica. Xa che comentarei por correio.

  8. outrodorccv Escribiu:

    Aquí outro que non lle dá moita importancia ao de rir neses momentos, queda mal pero… a cabeza non para e xusto nese momento podía estar pensando en calquera cousa.
    Case mellor iso que os típicos bicaescudos “desde pequeño quise jugar en el Vigo de Celta”…

  9. Princi Escribiu:

    Eu gardo con moito agarimo a foto de Toni (coñecido como TalenToni) cunha camisola do Dépor e cuns 20 kilos de mais no corpo.
    Pois enganoume ben o Rafinha. O tiña por un vigués mais ilusionado con xogar no clube da sua cidade (como ten que ser).

    Mito destruido o de doRCCV, pai e ex-deportivista, cousas veredes…

    PD: Son moi pesado con isto, chámase Iago Falque, non Falqué.

  10. doRCCV Escribiu:

    Tal mito me forxei pra soprender así a Travis e Princi?

    O de ‘ex-deportivista’ sempre me foi algo relativo. Sen uso de razón podes facer de calquer equipo a calquer neno. Con uso de razón, podes escoller o equipo que máis che pega e co que máis te identificas.

  11. Michijhense Escribiu:

    Se vos sirve de consolo eu de pequeno era do Atlético. Non sei por que pero o Atlético sempre tivo moito arraigo na miña familia e na miña aldea (de feito o escudo do equipo da aldea, a SD Grixoa está feito basándose no escudo colchoeiro, cambiando o madroño por un carballo). Era moito do Atleti (aínda que sempre fun ao Dépor igualmente) tamén porque tiña un tío que era moi moi seareiro. Co tempo entereime que era do Frente Atlético.

  12. O Traveseiro Escribiu:

    Mi madriña, todos temos un drama que contar.

    E bueno, eu tamén coñecín a unha do Frente Atlético no instituto. O certo é que púxenlle eu o alcume polo tamaño da súa fronte, pero a rapaza de fútbol e do Atlético cero.

    O certo é que ao irmán do meu xefe coñézoo como “o da F.P.G” (Frente Popular Galega) por idéntico motivo.