En que idioma pensas?

18 de Marzo do 2014 publicado por o traveseiro

Leo no Marca que a recente fichaxe do Raio Vallecano, o rumano Razvan Rat fala nada máis e nada menos que sete idiomas. O inglés aprendeuno pola súa conta (xogou no West Ham), ao igual que o ruso, que domina como a súa lingua natal. O francés estudiouno na escola, e o portugués domínao perfectamente ao compartillar vestiario no Shaktar ucraíno con once brasileiros. Deféndese en italiano polo perto que está do seu país, e agora tamén o castelán.

Este caso de políglota lémbrame ao nacho do conto que vai a unha entrevista e o xefe, revisando o currículo flipa da grande cantidade de idiomas que fala o entrevistado, que lle vai comentando o porque de cada un: “Miña nai era francesa, e falábame en francés, e o meu pai alemán, e dende cativo escoitei alemán na casa. Sempre veraneabamos no Algarve, así que estou afeito ao portugués. Estiven estudando cunha beca en Roma, e botei unha moza italiana, así que tamén o falo perfectamente. Despois traballei cinco anos nos Estados Unidos, loxicamente domino o inglés”.

Ao final, o xefe pergúntalle que “falando tantas linguas… vostede en que pensa?”. Rat podería respostar igual aos do Marca se lle fixeran esa pergunta: “Pois en que vou pensar? No que todo o mundo, en follar!”.

Arquivado en Idas de olla | 7 Comentarios »

7 Comentarios

  1. doRCCV Escribiu:

    Ese ‘nacho’ é un termo moi ferrolán.

    Os xogadores balcánicos tenhen un ‘don’ pra os idiomas. Botan aquí uns meses e xa saben o castelán mellor que algúns. E logo temos algúns caso que marchan pra Inglaterra e bueno….Reyes, Aspas…

  2. O Traveseiro Escribiu:

    Ese ‘nacho’ é un termo moi Tom Selleck en “Magnum”.

    Os ingleses que veñen xogar e adestrar aquí tampouco se esforzan moito en aprender os idiomas locais. E bueno, xa postos lamentabeis os casos dos “alemáns” do Madrid, coma Özil ou Khedira, que non falaban nin papa e o céltico Krohn Dehli.

  3. Michijhense Escribiu:

    A min paréceme máis lamantabla o caso dos portugueses que veñen a Galicia. Forzan un falso e mal castelán antes que probar a falar en galego. Por sorte non é o caso de Luisinho.

  4. Princi Escribiu:

    Ia comentar algo parecido ao de Michijense. Da repelús escoitar aos portugeses do Dépor falar un excelso castelán. O de Luisinho e de traca,nin castelán nin galego e “só” leva na Coruña 7 meses.
    Fai un par de anos, De Lucas deu unha rolda de prensa case integra en galego cando estaba no Celta,cousas que merecen respeto.

    E despois están Karpin e o seu acento galego, Kanoute e o seu acento andaluz e cousas así.

  5. O Traveseiro Escribiu:

    Discrepo amigo Princi. Luisinho fala galego de Portugal, e paréceme ben. O contrario é coma dicer que Lux fala arxentino e Rabello chileno, por exemplo.

  6. doRCCV Escribiu:

    ¡Ostia tú! Agora que me dou conta, nunca escoitei falar a Krohn. Tan só lin 2 ou 3 declaracións medio chorando por non ter minutos.

    Ós ingleses en xeral debe custarlle o seu os idiomas. E os que saben outro idioma non paran de facer o indio coma Robinson, bueno, a Kiko tamén lle custa…

    O de Karpin sempre me pareceu curioso porque só estivo 5 anos aquí.

    Como falarían galego os Xurxo Cadete, Bruno Caires, Nuno ou Helder?

  7. Princi Escribiu:

    Namentres repaso este post,Borja Oubiña falando un perfecto castelán na Radio Galega.