Víctor Muñoz volveuno conseguir

24 de Marzo do 2014 publicado por o traveseiro

Hai case catro anos publicabamos a arrepiante imaxe (semella que tirada dun filme de terror) do outrora xogador Víctor Muñoz con Pardeza. Víctor está de volta no Zaragoza, e outra vez de soterrador-treinador, fichado para a ocasión por Suso García Pitarch, un dos executivos máis escuros e mafiosos do fútbol español, do que xa dimos boa conta del tamén por estes lares.

O fulano tampouco é moi agraciado fisicamente, aínda menos ao lado do novo técnico do Zaragoza. Un Víctor por certo, que saíu a colación onte vendo o seu partido contra o Depor. Comentabamos a manía que colleron os futbolistas e técnicos de taparse a boca cando falan, a xeito de que non lles lean os beizos para así logo saír as conversas subtituladas en televisión, polo xeral críticas a treinador e/ou compañeiros. O curioso é que o fan futbolistas de segunda que na vida sairán en Deportes Cuatro nunha situación comprometida desas.

O caso é que se me ocorreu maxinar a Víctor Muñoz tapando a boca falando, por exemplo, co seu segundo. Opino que nese caso tería que usar como mínimo unha cesta punta.

Arquivado en Adefesios | 4 Comentarios »

4 Comentarios

  1. Princi Escribiu:

    Dende que V.M soara como candidato a adestrar ao Dépor fai uns anos,eu e os meus amigos temos a teoría de que se dis o seu nome 3 veces rematará por adestrar na Coruña. Nin que dicir ten que a ninguén se lle ocorreu xamais dicir V.M nin duas veces.

    Un crack a altura de Cesar Ferrando,M.A.L.O e Pepe Murcia.

  2. Pableras Escribiu:

    Outro documento arrepiante http://www.renaldinhos.com/2010/04/futbol-pre-metrosexual-xx-victor-munoz.html

  3. O Traveseiro Escribiu:

    “…esa indescriptible camisa con estampado cachemir remangada le hacían parecer un agricultor septuagenario vestido para ir a la sesión vermú de las fiestas del pueblo…”

    Erades moi ghrandes, Pableras XD

  4. doRCCV Escribiu:

    Pitarch na foto da ligazón parécese a Desi de ‘Cuéntame’. Bueno, Víctor Múnhoz é Quamire, de Padre de Familia. Tremenda imaxe sería esa de Víctor tapando a boca.

    E dos Marcos Alonso, López Caro, Pepe Moré…Lillo xoga noutra liga distinta ó resto.