Carlos Terrazas, popeiro español

27 de Marzo do 2014 publicado por o traveseiro

Seguimos coa xeira de treinadores de segunda rariños para achegarnos á figura de Carlos Terrazas. Cada vez que vexo ao técnico do Mirandés lémbro dun colega que hai dous anos, cando treinaba ao Guadalaxara, dicía que non remataba a tempada, e non precisamente porque fose cesado. E tamén do marabilloso mundo do pop oitenteiro español… dos Germán Coppini, Antonio Vega, Enrique Sierra

Non o sabemos, pero igual a Terrazas até entrevistouno hai trinta anos Paloma Chamorro para La Edad de Oro ou Jesús Ordovás en Diario Pop de Radio 3, dentro do seu monotema da movida madrileña.

E ollo para os que saiades con que teño prexuizos artísticos por non meter no saco a Iosu Eskorbuto, Natxo Cicatriz ou Lois Pereiro, pero alomenos eses non vestían chaquetas americanas de talla XXL coma os outros.

 

Arquivado en Cuspidinhos | 2 Comentarios »

2 Comentarios

  1. doRCCV Escribiu:

    A ver canto tarda Dani Benítez en ficar coma Terrazas.

    Que desperdicio de artistas actuais, a de entrevistas que nos perdemos á altura das de Iosu. Tremendo ler a Abraham Mateo falando de Extremoduro, que aínda que non son do meu agrado, deume bastante noxo.

  2. Princi Escribiu:

    Este foi o fenómeno que fai dous anos dixo que o obxectivo do Guadalaxara era estar en primeira no ano 2013.
    O que non sei e como chegou el ate ese ano.