Clases de gramática e ortografía para ultras XA!

14 de Abril do 2014 publicado por o traveseiro

A imaxe foi tirada no último derbi sevillano de liga que, salvo milagre e como mínimo, non se repetirá até dentro de dous anos.

Os seareiros sevillistas amosan unha faixa para putear aos seus rivais coa lenda “Miraz tu amargura”, que dana a vista colla por onde se colla. Ao igual que a recente analfabestada publicada aquí dos do Valladolid, tamén utilizan papel marron de embalar e letras a spray con amago de tipografía galega.

Mais si os puceláns meten a pata rematando en “R” un imperativo, estes non cometen ese erro pero casi era mellor. A castronada consiste en substituír o “D” de “mirad” por unha “Z”. Para máis amole, entendo que se poñen “Mirad” como segunda persoa do plural, logo non poden completar a frase coa segunda do singular: “tu amargura”.

A forma correcta sería: “Mirad vuestra amargura”.

EDITADO

Os comentaristas, sempre atentos, alértanme do erro. Efectivamente, non é unha gralla gramatical. Parafraseando aos Kortatu “Sombras verdes (neste caso do Betis) acechaban”. Unha sombra diagonal sobre o P de “paz” fai que se converta nunha R e de aí o erro. Pido desculpas e fico máis tranquilo porque o erro era paranormal de todo. Mais non quita que hai que currarse mellor as faixas, coño!

Arquivado en Analfabestas | 7 Comentarios »

7 Comentarios

  1. Brais Escribiu:

    Se te fixas ben o paíño da R é unha sombra. En realidade di “Mi paz, tu amargura”

  2. doRCCV Escribiu:

    Pois certo, facendo caso do comentario de Brais, consultei en Twitter e a frase é: “Mi paz, tu amargura”. Se non podía ser unha castronada ben curiosa e vendo a foto esa P asemella unha R.

    http://t.co/DEsZ4Gv9R2

    PD: Esta finde voltei pola Corunha que fun ó festival ese do Coliseum. E hai un gran problema cos bares nesa cidade, a partir das 5:00 todo fechado agás algún pub.

  3. o traveseiro Escribiu:

    Graciñas pola aclaración aos dous!

    DoRCCV, eu tamén estiven no Oistes Rock. Cando voltes para algún contubernio deses dame un toque! En canto ao dos bares… bueno, un que está bastante de moda e fecha ao mediodia é o L’Pomme (antigo Flash), na Ronda de Outeiro, un pouco máis arriba de onde vos foderon o coche, que por certo, foi tamén o epicentro da escaramuza Riazor Blues vs Ultra Boys. O caso é que o L’Pomme ese é famoso polas redadas policiais, liortas a diario, farlopeiros e borrachos de tódalas razas e nacionalidades… Sen dúbida, un lugar encantador 🙂

  4. doRCCV Escribiu:

    Nada, sempre atentos pero a mín tamén se me colaba.

    Pois apunto logo. Xusto onde foi o tinglado de RB e Ultra Boys é onde viven meus companheiros (enriba da tenda de tatuaxes, nunha das dúas torres). Pinta de antrazo, antrazo 😀 É que dende as 5:00 a todo bar/pub que me querían levar, bar fechado e rematamos na discoteca esa do lado do Playa. Ó final case o mellor foi no que estivemos a tomar canhas antes dos concertos, A Reserva na rúa Barcelona.

  5. doRCCV Escribiu:

    Ah, un dos que estivemos con cacharros baratos ata non me lembro que hora que tinhan a oferta, era o Soundkilla.

  6. Princi Escribiu:

    Eu collo o bus diante do L’Pomme case que todos os dias. Dou fe de que está aberto os Domingos as 15:30, e tamén dou fé de que non lle recomendo a ninguén nin pasar por diante. De feito a liorta Blues/UB resolveriana os machacas dese pub en cousa de poucos segundos.

  7. Antonio Escribiu:

    El mensaje era bastante ingenioso, de hecho. El partido era un Domingo de Ramos, y ese día, entre otras hermandades, salen la Paz y la Amargura.