O pulso do beticismo

22 de Abril do 2014 publicado por o traveseiro

“Michael J. Fox uno di noi”

O pasado 11 de Abril celebrouse o Día Mundial do Parkinson. Loxicamente solidarizámonos con tódol@s doentes (todos coñecemos a xente que a padece), incluíndo aos béticos que fan pintadas nas paredes da súa cidade deportiva e que non lles chega co drama da situación do seu Betis que tamén padecen esa horrible enfermidade.

Chámame a atención ademais o sacrilexio de pintar por enriba do emblema do clube agravándoo ao poñer o til en “Calderón” (coidado, pode ser unha sombra!). Aínda que non o acentuaran por esta vez tampouco pasaba nada.

P.D. A persoa que de xeito anónimo me mandou un aviso vía tumblr de que mirara o correio, que mo envíe de novo porque non recebín nada para O Traveseiro recentemente. Obrigado.

Arquivado en Analfabestas | 2 Comentarios »

2 Comentarios

  1. doRCCV Escribiu:

    Jajaja mira que me rin cando vin esta imaxe. Na mensaxe a Calderón debían estar pendientes de que non vinhera a madeira seguramente e así lles saíu tan pésima letra.

    Por certo, que Paulao ben se merecía un post despois do último partido xa que como xura o lema…’unha visión atravesada do deporte rei’. Nada máis atravesado que atizarlle un pouco o bo de Paulao. E xa que falas de correios, aproveito e deixoche unha imaxe.

  2. Princi Escribiu:

    Son incapaz de descifrar o que pon enriba de “dignid”.
    Sinto moita pena polo Betis e polo seu community manager,aquel que chamara “ratas coruñesas” aos afeccioados que cantabamos o de “Sevilla es rojiblanca”.