Paulao maravilhão

24 de Abril do 2014 publicado por o traveseiro

Un dos intres máis divertidos á par que lamentabeis da pasada xornada de liga protagonizouno o defensa do Betis Paulao. Primeiro, nunha cesión ao seu porteiro deixou en bandexa o balón a Rochina, do Raio, para que marcara gol. Quince minutos máis tarde marcou un golazo en propia meta. Paulao derrubouse e pediu o cambio.

Esta situación fíxome lembrar de outra delirante acción protagonizada polo brasileiro Evaldo, mellor xogador do Deportivo o ano pasado segundo os propios internautas (eu tamén votei por el). Tras fallar estrepitosamente nunha acción defensiva que case lle custa o gol ao seu equipo en Valencia, Evaldo autolesionouse dándose labazadas na cara.

Vendo a imaxe que nos envía doRCCV (acompañada dunha do atlético Guilavogui con parecidos atributos masculinos), estou a maxinar a Paulao dándose de pirolazos contra si mesmo. Seguro que se facía máis dano que Evaldo, pode que esvaecera… que digo, traumatismo craneoencefálico severo!

Arquivado en Idas de olla | 7 Comentarios »

7 Comentarios

  1. doRCCV Escribiu:

    Nom lembro así a bote pronto unha actuación tan calamitosa en tan pouco tempo como a pasada de Paulao. Merecido post Travis!

    Desconhecía o capítulo de Evaldo e faime bastante gracia imaxinalo tal e como o relatas, xa non digamos o suposto Paulao. Que por certo, a lembranza de Evaldo, Pinto saíu votado como mellor xogador da final de Copa e tiveron que cambiar a votación.

  2. Princi Escribiu:

    Eu tamén votei por Evaldo, foi a segunda vez que particpei nunha trolleada masiva.

    A anterior fora nunha enquisa do Dépor para escoller o cántico co que animar ao equipo no comezo do partido. Votei a que neses momentos ia terceira co 24% dos votos: “Pene”

  3. outrodorccv Escribiu:

    Agardamos post sobre Welliton, epic! o detalle de comprar caixas de cervexas na gasolinera, seica porque no supermercado o recoñecían…

  4. doRCCV Escribiu:

    Travis, dalle leite ós teus leitores badanas!

  5. O Traveseiro Escribiu:

    He he, non tedes acougo.

    Hai moitos asuntos en borrador, mais a preguiza pode comigo. Paciencia!

  6. doRCCV Escribiu:

    Nadinha meu, non temos, queremos leite!

    Ese momento no que pulso ‘O’ no buscador e xa me completa con ‘otraveseiro.blog…’ e sempre o PAULAO MARAVILHÃO de marras!

    Venha adícalle un post ó Benfica que ben o merece, tira de Aspas ou o que sexa.

  7. Anselmo Escribiu:

    puta coruña