Avante a P.M.L.C!

3 de Xuño do 2014 publicado por o traveseiro

Un seareiro do blogue envíame, baixo o inquedante alcume de Cornudo De Juana Chaos (?), a ligazón a un anuncio no que buscan adeptos para enrolarse nas ringleiras da P.M.L.C., que non son as siglas dun grupo revolucionario, se non o acrónimo de… Peña Madridista de La Coruña!

Tras premer na ligazón non me dá entrada directamente, pois antes teño que aceptar unhas condicións, que joder… é que semella que algo gordo se agocha na ligazón: “Soy mayor de edad y soy consciente de que en esta sección se puede mostrar contenido para adultos. 1- Soy adulto entendiéndose como tal a mayor de 18 años (o la edad legal en mi país de residencia). 2- Estoy de acuerdo en ver este tipo de material para adultos y no utilizarlo con fines comerciales. 3- Declaro que la visualización de material e imágenes para adultos no está prohibido ni infrinje ninguna ley en la comunidad donde resido, ni de mi proveedor de servicios o el local desde donde accedo. 4- No exhibiré este material a menores o a cualquier otra persona que pueda resultar ofendida o que no cumpla con estas condiciones”.

Acepto as condicións e cal é a miña sorpresa cando en lugar de atopar pornografía, sangue, vísceras, coprofaxia… aparece un inmenso escudo do Real Madrid C.F., pero desas fotos que descarregas en pequeniño e logo as aumentas de tamaño e saen borrosas e pixeladas, moi cutre a verdade. E o texto, o que segue: Se va a crear próximamente una peña del Real Madrid en La Coruña. Interesad@s en unirse envien e-mail”.

O caso é que púxenme en contacto con eles para ver como era o roio, un primeiro achegamento. A idea era poñer un texto destes empalagoso como os discursos de Florentino ou Toñín el Torero, rematando cun “Hasta el final, vamos Real”, pero logo pensei que ían pensar que os estaba puteando (que de feito era así) pero entón non me ían respostar. A mensaxe foi esta:

“Hola. Como madridista acérrimo y residente en La Coruña estaría interesado en formar parte de esta nueva agrupación. Me gustaría saber si ya hay sede social, estatutos, cuotas… Saludos y Hala Madrid!”

Na configuración da conta dende onde lles enviei o correio figura como nome Xabier, mais na mensaxe presenteime coma José Antonio, un nome máis axeitado para a coña esta, pois reúne españolía e madridismo mire por onde se mire (Primo de Rivera, Camacho…). O caso é que nin así se decataron da brincadeira, porque onte mesmo respostáronme. Debían estar empalmados porque segundo as estatísticas do anuncio so hai un envío de email. Esto puxeron:

“Hola José Antonio! Antes de nada agradecer el interés mostrado por pertenecer a nuestra peña. Para entrar en más detalles, necesitaríamos saber tu nombre completo, edad y si tienes Facebook o Twitter que nos facilites el nombre que usas en ambas cuentas. Es un puro formalismo. Un saludo y ¡Hala Madrid!”.

Até aquí chega a cousa porque xa non seguirei co roio. A miña teoría é que se trata de xente moza, se cadra quinceañeiros, e que nin teñen nin van ter sede social. Manteranse en contacto vía redes sociais e farán quedadas para ver os partidos do Madrid nun bar, como fan os marroquinos, senegaleses ou latinoamericanos madridistas.

Confeccionarán unha faixa da peña, e cando o equipo xogue na Coruña irán ao hotel para pelexar por un autógrafo ou foto con Sergio Ramos e Cristiano. Ao estadio irán sen a faixa para que non lla rouben (moi probábel) e de incógnito. Se cadra tamén “on tour”, nun par de coches a Vigo, ou, por que non, seguindo ao Castilla pola xeografía galega, pode que só a Lugo ou se baixan pois a As Somozas, Pontevedra, Ourense, Coruxo…

Dito isto, deíxovos a ligazón ao anuncio en cuestión.

Arquivado en Odioteca | 8 Comentarios »