As estatísticas non minten

25 de Xuño do 2014 publicado por o traveseiro

Cruyff era, segundo as estatísticas da desaparecida revista Don Balón, o Rei; e este blogue segue a ser unha porcallada. Alomenos segundo Marcus.es, que publica unha listaxem cos blogues en galego máis recoñecidos, salientando os desaparecidos e/ou abandonados. Tamén saen os que aínda continúan na loita coa data da súa última actualización.

En ningún dos casos aparece O Traveseiro, non sei se é bo ou malo. O certo é que seguimos na clandestinidade, e si non actualizamos máis a miúdo foi porque sufrimos de “evitación fóbica de actividade creativa” e “pánico a escribir”, termos usados polo escritor Xabier Vila-Coia após ser agredido por un hosteleiro debido a unha discusión por un prato de espaguettis con atún e tomate. Bueno, o certo é que non levaba atún, e de aí a reclamación que rematou como rematou. En fin, que a escusa para non publicar está de puta madre, polo menos para min.

Dito isto, salientar que desta vez vai en serio, a partires de xa este blogue actualizarase máis a cotío, que queremos seguir no Blogomillo e non na Blogomorgue.

 

Arquivado en Autobombo | 1 Comentario »