A camisola gay do Bochum

29 de Xuño do 2014 publicado por o traveseiro

Onte celebrouse o Día Internacional do Orgullo LGBT (lesbiana, gay, bisexual e transexual), e bueno, o certo é que non é que estea moi a prol deste tipo de celebracións, tampouco en contra. Penso que cada persoa pode ter a identidade ou orientación sexual que desexe e se debería ver como algo normal, sen necesidade de buscar un día o ano para orgullecerse da súa condición, pero o dito, que paréceme ben, que se aínda por riba vale para facer festa pois caralludo.

Este feito dáme para publicar a foto do adefesio de camisola do clube alemán do Bochum VFL de hai uns anos. Non sei a ciencia certa se é para homenaxear ao orgullo gay, pero estiven a pesquisar e disque nesa cidade fundouse en 1970 a Homosexuelle Aktionsgruppe Bochum (HAB) primeira asociación gay estudiantil de autoaxuda. Sexa como for, o certo é que fea de carallo.

No estado español non creo que haxa precedente de camisolas de clubes de fútbol con referencias ao movemento gay. Como moito camisolas que receben críticas por considerar, non poucos afeccionados, que teñen cores amaneradas. Serva coma exemplo a segunda equipación de cor fucsia do Real Madrid para a vindeira tempada, en plan chicle Cheiw de fresa ácida, ou, máis recentemente, a titular do Celta de Vigo.

Á marxe disto, e postos a reinvindicar, amosamos a nosa solidariedade cos afeccionados do CD Ourense, que as están a pasar moi putas co seu equipo, que descenderá a Terceira (desaparecerá) se non paga mañá 160.000 euros.

Os frikis futboleiros lembramos o Ourense presidido por Manolo Rois, o formado cos descartes do Celta e Depor (Noly, Rodolfo, Modesto, Dacosta…) dos Bericat, Montoto, Mugüerza, Ares, Adolfo, Pichi… Dos estranxeiros exóticos, coma Festus Agu, Baba Sule, Ljubojevic… ou o gran Ivica Mornar. Da famosa parella de adestradores, caso único no fútbol español profesional, Fuertes e Teixidó; doutros técnicos míticos, coma Rodríguez Vaz ou Mario Guede, e, por que non, de Manolo Preciado, que xogou catro tempadas en O Couto e onde se sacou o título de treinador. Por todos eles, pero sobor de todo, polos afeccionados… SOS CDOURENSE.

 

Arquivado en Adefesios | 5 Comentarios »

5 Comentarios

  1. doRCCV Escribiu:

    Toda a razón do mundo. Eu tampouco entendo cando por exemplo, algún deportista/celebridade decide dar o paso de ‘sair do armario’ e convoca unha rolda de prensa, algún acto ou fai as declaración sobre a súa condición. Non entendo que tenhan que declarar nada ponhéndose no punto de mira das críticas máis que seguras. Como se os homosexuais tiveran que dar explicacións da súa condición mentres que un heterosexual non, del xa se da por entendido que o é se non declara nada. Cada un que viva a súa vida sen andar anuncia o que é nin o que deixa de ser.

    Bastantes comentarios desafortunados levo visto e escoitado sobre o rosa do Celta (algún sobre o Real Madrid). A verdade que é pra que che sangren os ollos esa mixtura de cores celeste e rosa. Pero fora rosa ou fora marrón/laranxa/lila…

    Minha máxima solidaridade co Ourense máis estou totalmente en contra do bocazas que onte en twitter adicoulle un chío cun ataque gratuíto ó Celta o cal, polas maneiras non vinha a conto.

  2. Princi Escribiu:

    Pois eu penso que a homofobia e o machismo no futebol solucionariase con algún futbolista saindo a dar a cara e dicir que é gay. Parece o futbol un reducto cheo de homes heteros axenos a realidade estatística española.

    A camiseta do Celta é bastante fea,ainda que como deportivista debería calar bastante neste tema co que respecta as nosas de fai algún ano.

  3. Princi Escribiu:

    A desgraza do Ourense podería deixar o fito histórico de ver outro equipo da Coruña en terceira,o Silva. Plantel o de este ano cheo de vellas glorias que xogaron no seu momento bastante mais arriba.

  4. outrodorccv Escribiu:

    A camiseta do Selta (sic) fea, fea.
    Igual dá para debate, pero realmente non me resulta tan extraordinario que non saian futbolistas do armario, xa que a maioría dos gays que coñezo nunca prestaron moita atención ao fútbol, polo que é normal que dese colectivo non saian moitos xogadores.
    E o do Silva… será un caso distinto ao Montañeros viva a pasta do Banco ex-Gallego, non?

  5. Princi Escribiu:

    Aburrido estou da camisola gay. Non sei que chegará antes,a actualización do blogue ou o café que imos tomar.