O camareiro de Bagdad

4 de Agosto do 2014 publicado por o traveseiro

O anterior parecido razóabel de Iago Aspas con Miguel Hernández non era moi doado de atopar, mais pode que algún si que o vira antes ca min… quen sabe, podía ser. Mais o que segue é case imposíbel de relacionar.

aspas ca

Para iso hai que ler o xornal El País (cada vez máis penoso), as páxinas de internacional (“todo son desgracias”, que diría a miña nai) e quedarse coa fisionomía do camareiro do Café Shahbandar, da rúa Mutanabbi, en Bagdad, unha especie de Café Gijón á iraquí, onde se reúne a intelectualidade bagdadí para ler e debater de temas literarios.

Sen dúbida un lugar especial onde non tería cabida Iago Aspas nen sequera de camareiro. Serva coma exemplo a súa imaxe da dereita, coa propia cativa flipando coa camisola que leva o tio. Seguro que se lle preguntan quen é a muller da estampación di que Marta Sánchez ou Nieves Herrero e ficaría tan tranquilo.

Arquivado en Cuspidinhos | 2 Comentarios »

Aspas, poeta de culto

1 de Agosto do 2014 publicado por o traveseiro

Unha vez máis teño que pedir desculpas públicas aos leitores pola falla de actualizacións pero desta vez teño escusas. Blogaliza estase a renovar e ás horas que o tempo me permite actualizar non podía conectarme. Porén, tamén está o tema do puto Gmail e o smartphone, que non me avisaba de que tiña correios de entrada e foi ao entrar na caixa dos correios cando me decatei de que tiña uns cantos sen ler na bandexa de entrada. Desculpas sinceras aos remitentes, algún dos cales comentan aquí.

Dito isto, hoxe quería ter un detalle con Iago Aspas, que volta á liga española para enrrolarse no Sevilla despois da súa experiencia en Inglaterra, máis dun erasmus que dun futbolista.

miguel aspas

O notas cumpre hoxe 27 anos e no canto de poñelo verde haberá que buscarlle un parecido razoábel diferente ao de Sheldon Cooper que lle atopa todo dios, alguén máis intelectual se cadra. Concretamente a semellanza é co famoso poeta, dramaturgo e loitador antifascista MIGUEL HERNÁNDEZ.

Non me digades que non teño un bo detalle con Iaguiño.

 

Arquivado en Cuspidinhos | 1 Comentario »