O camareiro de Bagdad

4 de Agosto do 2014 publicado por o traveseiro

O anterior parecido razóabel de Iago Aspas con Miguel Hernández non era moi doado de atopar, mais pode que algún si que o vira antes ca min… quen sabe, podía ser. Mais o que segue é case imposíbel de relacionar.

aspas ca

Para iso hai que ler o xornal El País (cada vez máis penoso), as páxinas de internacional (“todo son desgracias”, que diría a miña nai) e quedarse coa fisionomía do camareiro do Café Shahbandar, da rúa Mutanabbi, en Bagdad, unha especie de Café Gijón á iraquí, onde se reúne a intelectualidade bagdadí para ler e debater de temas literarios.

Sen dúbida un lugar especial onde non tería cabida Iago Aspas nen sequera de camareiro. Serva coma exemplo a súa imaxe da dereita, coa propia cativa flipando coa camisola que leva o tio. Seguro que se lle preguntan quen é a muller da estampación di que Marta Sánchez ou Nieves Herrero e ficaría tan tranquilo.

Arquivado en Cuspidinhos | 2 Comentarios »

2 Comentarios

  1. doRCCV Escribiu:

    Agora que falas da camisola de Aspas…a que xogador vin a semana pasada nunha rolda de prensa cunha que ponhía en grande ‘CCCP’? A crados me deixou, non lembro ben pero creo que era algún figurín da Liga. Non o víchedes? Lembroume a cando Guti ou Sergio Ramos puxeran unha do Che que levaba como tachuelas. Todo unhas pedradas das gordas.

    PD: A da camisola de Aspas igual pensa que é Beatriz Manjón.

  2. O Traveseiro Escribiu:

    Non sei de que xogador pode tratarse, pero si que nestes lares xa puxemos a Helguera cunha fouce e martelo…

    http://otraveseiro.blogaliza.org/2009/03/23/ivan-helguera-nunca-entendin-o-teu-roio/

    …e de Guti do Che Guevara:

    http://otraveseiro.blogaliza.org/2007/12/15/guti-ca-revolucion/