A reciclaxe de Manuel Pablo

13 de Outubro do 2014 publicado por o traveseiro

E non me estou a referir precisamente a que mudara a súa demarcación no terreo de xogo. Hai quince anos xogaba de lateral dereito e agora se segue a arrastrar polo lateral dereito. A deus grazas este ano aínda non se estreou, aínda que vendo o percal tampouco se ía notar moito.

mypa

Descarregar a foto e volteala

Refírome ao seu look. En 1999 tiña un bo pelamen con peiteado aznariano e afeitado cu de bebé, por non falar das poboadas cellas. Quince anos despois, a súa involución capilar levou a raparse o pouco pelo que lle nascía na cachola para logo non barbearse.

Debe ser unha situación cómica para el, pasarse a cuchilla pola testa e non pola cara, e ir ao barbeiro para que lle retoque as puntas da barba.

Arquivado en Idas de olla | 2 Comentarios »

“Y solo hay un Bar Deportivo…”

8 de Outubro do 2014 publicado por o traveseiro

“…EL BAR DEPORTIVO ALAVÉS”.

bar alaves

A foto foi tirada este verán en Vitoria-Gasteiz por un amigo e merece especial atención o atuendo do cliente que sae cara a terraza co café na man, amosando que Euskal Herria xa non é o que era.  O pavo viste un polo Lacoste rosa pastel metido por dentro dun pantalón de pinzas azul eléctrico e alpargatas vermellas a xogo co cinto.

Menos mal que salva o pato o paisano que pasa co cativo da man, cunha pinta como deus manda, coa súa camisola, bermudas, zapas Adidas Plim Salao e tatuaxes e aros nas orellas.

Por suposto todo isto non mo invento, seino porque a imaxe era en maior resolución e reducinna para o blogue, a parte de borrar a cara do tipo.

Arquivado en Chámalle X | 4 Comentarios »