“Y solo hay un Bar Deportivo…”

8 de Outubro do 2014 publicado por o traveseiro

“…EL BAR DEPORTIVO ALAVÉS”.

bar alaves

A foto foi tirada este verán en Vitoria-Gasteiz por un amigo e merece especial atención o atuendo do cliente que sae cara a terraza co café na man, amosando que Euskal Herria xa non é o que era.  O pavo viste un polo Lacoste rosa pastel metido por dentro dun pantalón de pinzas azul eléctrico e alpargatas vermellas a xogo co cinto.

Menos mal que salva o pato o paisano que pasa co cativo da man, cunha pinta como deus manda, coa súa camisola, bermudas, zapas Adidas Plim Salao e tatuaxes e aros nas orellas.

Por suposto todo isto non mo invento, seino porque a imaxe era en maior resolución e reducinna para o blogue, a parte de borrar a cara do tipo.

Arquivado en Chámalle X | 4 Comentarios »

4 Comentarios

  1. doRCCV Escribiu:

    É máis, o rapaz ata parece que lle chamou a atención as pintas do outro que está a mirar pra el.

    Un apuntamento…aros ou dilatacións? Moi importante isto.

  2. O Traveseiro Escribiu:

    Efectivamente son dilatacións.

  3. doRCCV Escribiu:

    Ves, dese modo perde un pouco o paisano pra min. Non me gusta o roio ‘hardcoreta’, xa sabes, prexuizos que temos cada un. Moi chamativo e alarmante o caso concreto do hardcorismo en Viveiro (festival aparte). Aros de toda a vida carallo!

    PD: Revisa o correio que che mandei algo pra non perder costumes. 😀

  4. Princi Escribiu:

    …y solo hay un Deportivo!!!
    Nunha foto aparecen duas das cousas mais aberrantes e que xamais entenderei neste mundo: As dilatacións e os pantalóns de cores.