A reciclaxe de Manuel Pablo

13 de Outubro do 2014 publicado por o traveseiro

E non me estou a referir precisamente a que mudara a súa demarcación no terreo de xogo. Hai quince anos xogaba de lateral dereito e agora se segue a arrastrar polo lateral dereito. A deus grazas este ano aínda non se estreou, aínda que vendo o percal tampouco se ía notar moito.

mypa

Descarregar a foto e volteala

Refírome ao seu look. En 1999 tiña un bo pelamen con peiteado aznariano e afeitado cu de bebé, por non falar das poboadas cellas. Quince anos despois, a súa involución capilar levou a raparse o pouco pelo que lle nascía na cachola para logo non barbearse.

Debe ser unha situación cómica para el, pasarse a cuchilla pola testa e non pola cara, e ir ao barbeiro para que lle retoque as puntas da barba.

Arquivado en Idas de olla | 2 Comentarios »

2 Comentarios

  1. doRCCV Escribiu:

    Na foto da dereita lémbrame a Félix Carballo, aquel central tan noventeiro do Extremadura.

  2. Michijhense Escribiu:

    Ese pouco pelo que ten no entrecello na foto da dereita é canela en rama. Por certo que menos mal que volveches, o Dépor estaba facendo esto demasiado cruel.