O equipo de moda

27 de Febreiro do 2015 publicado por o traveseiro

Adiantándonos aos vindeiros artigos e reportaxes de 13 TV, ABC, La Razón… podemos asegurar que dentro de un par de lustros este clube estará asentado na Primeira División da República Popular Española Oriental e gañando sen problemas liga e copa ao máis puro estilo do Dinamo de Berlín dos anos oitenta.

Despois de tres meses de excedencia do blogue estamos de volta. Non me deades a min a grazas, dádellas a un fiel leitor que hoxe botoume en cara que entraba a cotío en O Traveseiro e sempre atopaba a mesma entrada. O lugar exacto onde nos vimos non o podo dicer porque é moito pior que un puticlub, un poboado de venta de droga o mesmo o estadio de Balaídos.

Que o confese el, se non lle dá vergoña.

 

Arquivado en Idas de olla | Comentarios desactivados en O equipo de moda